Estanse a instalar as canalizacións de abastecemento e saneamento na Avenida de Fernando Conde 

08 Febreiro 2019

A empresa Covsa, encargada da obra de urbanización en mellora dos servizos na Avenida de Fernando Conde, está actualmente a instalar as canalizacións de abastecemento e saneamento nas marxes da rúa e a actuación avanza a bo ritmo, segundo informou hoxe o concelleiro de Obras, Juan Constenla.


fernando conde2019A principios da vindeira semana procederase a realizar o enganche polas novas canalizacións de abastecemento, instaladas ao longo destes días e, acto seguido, botarase formigón sobre a zona. Co avance das obras ao ritmo actual, tanto empresa como Concello están convencidos de que a intervención rematará dentro do prazo fixado, ao longo do mes de abril.


A empresa prevé ademais que estas tarefas de enganche ás novas canles de abastecemento podan ocasionar o luns algún tipo de corte do servizo durante o tempo que duren os traballos, polo que se esforzará para que ese tempo sexa o menor posible.


Tamén se comezaron a instalar as lousas nas beirarrúas dunha obra tan demandada como a reforma da Avenida de Fernando Conde, afirmou Constenla, que asegurou que pronto se poderá desfrutar da entrada á Estrada dentro dos prazos previstos.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1