A Fundación Cultural A Estrada está a xestionar o cuarto Programa Integrado de  Emprego “A Estrada Activa IV” 

08 Febreiro 2019

A Fundación Cultural A Estrada está a xestionar o cuarto Programa Integrado de  Emprego “A Estrada Activa IV” subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e cofinanciado pola propia Fundación.

 

Nesta edición estase a traballar con 100 persoas de diferentes colectivos e perfís.


Trabállase tanto a nivel individual como colectivo, con accións de diferentes características: habilidades socio laborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, prospección empresarial, emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes, formación específica para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas e mobilidade laboral, entre outras.


Esta edición continúa coa mesma liña de traballo dos anos anteriores os calesreportaron resultados satisfactorios cos seguintes datos:


- Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa 2015-2016 (60 participantes), incorporación ao mercado laboral de 44 persoas das cales 36 cumpriron no período do programa alomenos 3 meses de alta na Seguridade Social.
25 persoas participantes acolléronse á posibilidade de realizar prácticas en empresas e acadar as competencias necesarias para realizar un traballo efectivo dentro do seu perfil profesional. 19 desas persoas acadaron a incorporación ao mercado de traballo despois de optar por esta vía de formación práctica.


- Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa II 2016-2017 (60 participantes), incorporación ao mercado laboral de 51 persoas das cales 32 cumpriron, alomenos, 3 meses de alta na Seguridade Social neste período.
Nestes 12 meses realizaron prácticas 20 persoas, incorporándose 15 persoas tras este período de prácticas ao mercado laboral.


- Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa III 2017-2018 (85 participantes), no que se incorporaron ao mercado laboral 60 persoas usuarias das que un total de 40 cumpriron o período mínimo de 3 meses de alta na Seguridade Social, sendo 5 delas autónomas.

Nestes 12 meses realizaron prácticas 20 participantes do programa, quedando a traballar 11 persoas tras este período e mantendo a día de hoxe este posto de traballo 8 desas persoas.


- Programa Integrado de Emprego A Estrada Activa IV 2018-2019 (100 participantes), ata a data, 14 persoas usuarias do programa atópanse xa en activo. Outras 7 persoas máis tiveron unha oportunidade laboral, como operarios de fábrica e industrias, hostalería, atención ao cliente, veterinario, entre outros oficios e traballos.
No que vai de programa, realizaron prácticas en empresas 3 persoas quedando todas elas a traballar despois deste período. A día de hoxe, hai 4 participantes máis facendo prácticas.


No actual Programa Integrado de Emprego, no que se ven a traballar desde o 2 de novembro de 2018, xa se realizaron dúas edicións de formación en Prevención de riscos laborais, sesións de coaching a nivel grupal e individual, obradoiros de entrevistas, informática básica, manipulador de alimentos, información e asesoramento da experiencia profesional e estanse a impartir clases semanais de inglés e talleres para a procura de emprego, entre outras actividades.


Como se pode aprezar nos datos anteriores, as prácticas non laborais están a resultar unha das ferramentas máis eficientes nos programas, sendo totalmente voluntarias, consensuadas coa persoa participante e, nunha porcentaxe moi alta, sabendo que existe un posto de traballo detrás das mesmas.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1