150 anos de historia da banda de música municipal da Estrada exporanse na Sala Abanca 

15 Febreiro 2019

A banda de música municipal da Estrada exporá partituras, traxes, instrumentos e recordatorios na Sala Abanca da Estrada para conmemorar os seus 150 anos de historia. A exposición estará aberta ao público do 22 ao 24 de febreiro e do 1 ao 3 de marzo.

 

Esta será a primeira das actividades programadas pola banda á hora de celebrar eses 150 anos, aínda que anuncian que haberá máis ao longo do ano, tal como a segunda edición do Concerto de solistas, na que os nenos e nenas membros da banda que estean acabando o Grado Profesional no seu respectivo instrumento serán os protagonistas.

 

A exposición desenvolverase nun horario de 18 a 21 horas os venres, de 11 a 13h e de 18 a 21h os sábados e de 11 a 13 horas os domingos.

 

------------------------------------------------------

 

150 Aniversario da Banda de Música Municipal de A Estrada. Exposición para lembrar todas as súas décadas adicadas a facernos bailar, troulear e desfrutar.

 

A Banda de Música Municipal da Estrada está de aniversario, 150 anos dende que se formou unha das agrupacións máis lonxevas do noso pobo e de Galicia. Xeracións e xeracións de músicos pasaron por esta agrupación, transmitindo cultura e tradición de pais a fillos e de fillos a netos.

 

No ano 1840, o Concello de Cereixo, formado polos cotos de Tabeirós, Vela, Codeseda, Viso, Hueca e Vega pasou a chamarse Concello de A Estrada. Tan só 25 anos máis tarde, 12 músicos comezarían esta andaina formando a Banda de Música Municipal da Estrada, confiando a batuta a Vicente Novoa.

 

Esta Banda foi dirixida por grandes profesionais. Luis Valdés Mota, Bernardo del Río, Juan Moldes Touzas, Rogelio Groba, Enrique González Arroita e Eulogio López impregnaron a todos e a cada un dos seus compoñentes de ritmo, musicalidade e paixón polas melodías de cada un dos instrumentos que tiñan entre as mans. Levaron o nome de A Estrada, por todos os recunchos da nosa terra, sendo a primeira Banda de Música que cruzou o charco actuando en América Latina. Actualmente, é Xavier Comesanha quen ten a batuta, e dirixe esta agrupación acrecentando ano tras ano a historia viva da Banda de Música Municipal da Estrada.

 

Esta Banda tivo anos de esplendor facendo ao redor de 60 actuación anuais, poñendo música e ritmo a cada aldea, pobo, ou cidade galega, esporadicamente no norte de Portugal e no 1981 cruzando o charco actuando en Venezuela. Unha agrupación respectada e querida no panorama das bandas e das verbenas, no mundo da troula, e en cada un dos lugares onde deleitaron co seu virtuosismo. Tamén visitaron Venezuela en dúas ocasións, nos anos 1991 e 1999.

 

Este ano conmemórase o seu 150 aniversario, por iso, durante todo o ano contaremos con diferentes actividades. A primeira delas, será unha exposición, homenaxeando e recordando todas estas décadas. Partituras, traxes, instrumentos e recordatorios, encherán de morriña, evocación e lembranza a Sala Abanca os dous vindeiros fines de semana. Poderase desfrutar destas memorias o 22, 23 e 24 de febreiro e o 1, 2 e 3 de marzo; os venres nun horario de 18 a 21h, os sábados de 11 a 13h e de 18 a 21h e os domingos de 11 a 13h. Ademáis, o 30 de marzo deleitaranos coa segunda edición do Concerto de Solistas, sendo os protagonistas os nenos e nenas, membros da Banda os cales están acabando o Grado Profesional no seu respectivo instrumento.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1