Ábrese o prazo para postular candidatas ao premio honorífico á labor das mulleres do Concello da Estrada

21 Febreiro 2019

Desde o 19 e ata o 27 de febreiro ás 14:00 horas, permanecerá aberto o prazo de solicitude mediante o cal se pode postular a mulleres, empresas ou colectivos de mulleres ao premio honorífico á labor das mulleres no Concello da Estrada organizado polo CIM.

 

Poderán ser candidatas todas as mulleres que naceran, residiran ou residan na localidade e que desenvolvan nela a súa actividade social, empresarial ou cultural e tamén as entidades públicas e privadas que reúnan esas condicións.

 

As candidaturas poden presentarse por proposta dalgún membro do xurado, por iniciativa propia ou a instancia de terceiros, mediante solicitude no Rexistro Central do Concello da Estrada. O xurado estará formado pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, o concelleiro de Cultura, un concelleiro de cada grupo da oposición e, por sorteo, dun representante dunha asociación empresarial ou comercial, un representante sindical, un das asociacións do eido cultural, un das asociacións de mulleres e a directora do CIM.

 

Este xurado puntuará a traxectoria persoal, empresarial e social, a relevancia e o retorno á cidadanía como criterios valorativos á hora de avaliar ás candidatas e o fallo darase a coñecer na cerimonia de entrega do galardón, que se celebrará o 8 de marzo, Día da Muller, ás 20:00 horas no MOME. O premio constará dun recoñecemento simbólico mediante a entrega dun agasallo conmemorativo a unha única persoa ou entidade gañadora.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1