Concurso de disfraces da Estrada 2019

26 Febreiro 2019

Dando continuidade ó que se ven celebrando dende hai varios anos na Estrada, en consideración á gran importancia que o entroido ten na Estrada e na nosa comarca. Así como a relevancia que ten na nosa zona, o concello convoca o Concurso de Disfraces o vindeiro día 4 de Marzo de 2019.

 

Poderán participar neste certame tódalas asociacións, barrios, parroquias, colexios e persoas que o desexen.

 

Non se porán limitacións en canto ao número máximo de participantes, pero sí haberá un número mínimo de cinco persoas para a categoría de grupos.

 

As inscricións faranse no Departamento de Alcaldía do Concello, das 9:00 ás 14:00 horas, a través da sede electrónica do Concelllo ou ben a través do seguinte enderezo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. sendo imprescindible que o departamento de Alcaldía confirme a recepción da folla de inscrición enviada a este correo.

 

A data limite de inscrición será o luns 4 de marzo. Admitiranse inscricións ata unha hora antes do comezo do concurso só nas categorías individual e parellas.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1