Día Internacional da Muller

27 Febreiro 2019

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o día 8 de marzo, o Concello da Estrada, a través do Centro de Información á Muller (CIM) pon a disposición de toda a veciñanza que queira participar na manifestación nacional convocada en Lugo para este domingo día 3 de marzo un servizo de transporte.

 

A saída do será ás 09.30 h da estación de autobuses da Estrada e o regreso terá lugar ás 16.30 h dende o pavillón vello de Lugo. O servizo será gratuíto.

 

Todas as persoas interesadas poderán inscribirse en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 986 590 151. 

 

CIM2019

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1