Abre o prazo para inscribirse á segunda quenda da actividade de piscina para persoas maiores

13 Marzo 2019

Este venres, 15 de marzo, abrirá o prazo para inscribirse á segunda quenda das actividades acuáticas para persoas maiores 2019, que permanecerá aberto ata o venres 22 de marzo. Poderán inscribirse as persoas maiores de 50 anos interesadas no servizo.

 

A actividade conta con 60 prazas dispoñibles, para as que teñen prioridade as persoas empadroadas e as que non participaran na primeira quenda. As prazas serán asignadas por estrito orde de inscrición, que se deberá realizar no Departamento de Servizos Sociais do Concello en horario de atención ao público (de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres).

 

As persoas interesadas en inscribirse á actividade deberán presentar unha copia do DNI e do certificado de discapacidade, se fose preciso, no momento de formalizar a inscrición.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1