Dúas portas e un segredo acercan a comedia negra ao Principal

15 Marzo 2019

Hoxe, venres 15 de marzo, a partir das 21:00 horas terá lugar a representación da comedia negra Dúas portas e un segredo no Teatro Principal. A compañía de teatro estradense Disfunción Continua porá en escena esta comedia de enredo dirixida por Jouse García.

 

A concelleira de Educación, Amalia Goldar, animou á veciñanza a adquirir as entradas para a obra, que se poderán mercar a un prezo de 3 euros no Departamento de Cultura do Concello ou na billeteira do teatro momentos antes do comezo da obra. Trátase dunha historia un tanto disparatada que transcorre nunha casa familiar e que xira en torno a un segredo.

 

Aínda que non está dirixida a un público moi cativo, tampouco se pode precisar unha idade mínima á que se dirixe a obra, precisou a compoñente do elenco Natalia Carbajal, quen afirmou que o público poderá desfrutar dunha trama elaborada que se vai complicando segundo avanza a acción.

 

Con diálogos divertidos e inxeniosos que non dan descanso ao espectador, a historia induce tamén a reflexionar sobre temas transcendentais coma o límite entre a cordura e a loucura e o amor á familia, entre outros, nunha obra lixeira, de apenas unha hora de duración.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1