Extracto do libro Emigrantes Sobranceiros de Olimpio Arca Caldas.

De esta lengua pecadora

saen solermas a eito,

en gallego torto ou dereito,

que outra fala non me amora,

nin tampouco Ile dou xeito.

Bernardo Rodríguez

Nos termos da parroquia de San Xiao de Vea, a un tiro de pedra da capela de San Bartolomeu, dous casais (7 persoas), afastados doutras casas de veciños, conforman o minusculo lugar do Pouso.

Nos primeiros días daquel novo ano de 1853, frío e brétema nas camposas, todalas aldeas da parroquia de Sao Xiao celebraban, (7 de xaneiro ) a festa do patrón. Nunha das vivendas de Pouso, na correspondente o matrimonio composto por Manuel Rodriguez Bustelo e Maria Ribeira Carbia, as cousas non estaban para invitados, nin para festas.

A dona Maria atopabase naquel día na espera dan importante acontecemento que era anunciado por uns fortes dores preparto. O dia seguinte, día 8, festa do San Antón na parroquia, rnentras no adro da igrexa gaita, bombo e caixa tentaban aledar as poucas parroquianas que acudiran a primeira misa, na casa de Manuel atendiase o nacemento dun herdeiro, un filIo que sería bautizado ó dia seguinte co nome de Bernardo.

Este ano de 1853 ía ter un significado especial para a nosa terra, poís nel X. Manuel Pintos Villar (1811-1876) publicaba " A gaita gallega tocada polo gaiteiro " obra que inicia o Rexurdimento do noso idioma. Ano, tamen, de crise agraria na nosa terra pola ausencia e carestía de gran, paralización da industria e quebra de casas comerciais.

O rapaz Bernardo cos seus irmáns Gregorio e Jose comenza a sua andaina polo camiño das letras da man do mestre de escola da parroquia D. Enrique Rodriguez. Seus pais, labregos acomodados, terras e bois, coñecida a boa disposición para os libros e o caracter sinxelo do seu fillo Bernardo e seguendo a costume daquel entón teñen unha longa conversa co abade da parroquia, o reverendo Juan Domingo Fernández, que viñera de Rivadulla ( Vedra) catro anos antes.

Naquela entrevista fixose o primeiro destino do rapaz: segui-la carreira de crego. Marcha o neno Bernardo, co seu fardelo de roupa e broa, tres legoas de camiñata, para o Seminario Conciliar de Santiago de Compostela onde comeza os estudios da carreira sacerdotal.

Entre os compañeiros de estudios atopase Cayetano A. Aldrey y Salvado, nacido en Lobios, parroquia de San Martín de Arines, do Concello de Conxo. Tamén Cayetano ha segui unha vida parella a de Bernardo, tanto nas aficcións como na emigración.

Nas vacacións de verán, Bernardo axuda a D. Juan nas cousas da igrexa: rosario vespertino e misas. Polas vacacións de Semana Santa tamén ha subir á escaleira para participarno desencravo o día de Venres Santo. No mes de agosto non ha faltar a romería da capela de San Bertolameu e face-las poxas dos exvotos, ofrendas dos veciños. Neste mesmo mes tampouco falta os actos relixiosos en loubanza ó Divino Salvador da pequena parroquia da veciña Baloira. Non obstante non deixa de percorrer con seus irmáns e outros amigos da vecindade o castro de San Bartolomeu no que, amais da lectura do Cirpianillo, desborda a fantasía dos mozolos.

Permanece no seminario ata primeiro ano de Filosofia. Cando todos, pais, parentes e veciños, coidan que Bernardo vai facer un bo abade, pois fala xa como se predicara e ten un certo aquel de crego, aparece entón nel unha profunda crise espiritual que o leva a abandoa-lo seminario mentres a guerra carlista atópase nunha fase de crudeza. Diante da posibilidade de ter que incorporarse ó exército carlista a cidade de Bilbao, Bernardo prprepara un fardelo, agora mais grande que o de anos atrás, e polas camposas de San Andrés e Frades, sube a Requian para logo baixar ata Carril e naquel peirao embarca rumbo a cidade de Bos Aires. Súa irma Manuela sente a separación do seu irmán que ela sempre pensou chegaría a facer un bo crego.

Naquel mesmo ano tamén chega a Bos Aires o seu compañeiro de Seminario, Cayetano A. Aldrey. Entre estos dous galegos vai ter lugar unha longa e boa amizade.

Os primeiros tempos naquela gran cidade, sen recursos e sen amigos, foron moi difíciles para Bernardo. Despois de facer "un pouco de todo", pero sempre por enriba das circunstancias doutros emigrantes, por mor da súa boa formación intelectual, entra de escribente nun gran almacén de coloniais de importación. Contabiliza entradas e saídas, existencias no comercio e confecciona as facturas dos siareiros. Un bo cliente do ultramarinos, con factura cada mes, atopa, no detalle e ordenamento das partidas, un contable fora do normal: os detalles ben expostos, unha claridade na presentación das cuentas moven o interés do cliente a coñecer tal escribente. O escribente xa sabemos que é : Bernardo. O cliente veu a ser, nada menos D. Nicolás Avellaneda, ex-presidente da nación.

O dono do establecemento, ben ó seu pesar, non pode negar a tan distinguido prócer a cesión do seu magnifico empregado. E, no ano 1881, o agora doutor e Rector da Universidade de Bos Aires, D. Nicolás Avellaneda, confialle a ordenación e clasificación da bilioteca daquel centro e, mais tarde, da súa propia.

Traballa Bernardo con toda a súa delicadeza, perfección e coñecementos durante mais dun ano. O resultado obtivo o beneplácito do profesorado e do rector. Este, xa bo coñecedor da capacidade intelectual e moral deste galego, encárgalle, agora, unha misión mais importante : organiza-la contaduría da mesma Universidade. Para elo é ascendido ó importante e respetable cargo de tesoreiro-contador da centenaria e prestixiosa universidade bonaerense.

Durante 35 anos Bernardo vai ser un exemplar funcionario daquela noble casona da rúa Viamonte. A xentileza, no trato e o seu labor, severo e amable o mesmo tempo, captaron o afecto e o respeto de profesores e alumnos da institución así como a consideración dos tres rectores que rexiron o centro : Avellaneda, Basavilvaso e Uballes.

Unha vez acadado un destino honorable e ben retribuido, cuns aforriños un pouco medrados, veu de vacacións a súa inolvidable Galicia. Na súa maleta de xove "indiano" non falta unha moderna máquina de fotografías mercado na casa "Gati & Chaves" da rúa Ribadavia.

Casa coa dona Estela Fariña ¿Ferro?, moza tamén galega, oriunda do lugar do Casal, parroquia de San Felíx de Estacas, no Concello de Cuntís.

No ano 1916, por razón de xubliación, abandoa o seu cargo de tesorero-contador da Universidade Nacional de Bos Aires, que desempeñara con gran celo, honestidade e puntualidade, e dedicase de cheo ós temas literarios e ós seus amigos.

No ano 1920, fai outra viaxe a Galicia, viaxe que se vai se-la derradeira e da que nos deixou testemuñas do seu amor a terra e tamén unha velada premonición do seu destino.

Bernardo Rodríguez morre na cidade de Bos Aires o 26 de maio de 1924, no mesmo mes que dous anos antes acontecera o pasamento do seu ímtimo amigo Cayetano Aldrey. No seu enterro no cemiterio do Norte estiveran presentes unha manchea de delegacións da cidade de Bos Aires e todlos xornais arxentinos e galegos expresaron nas súas páxinas a perda que supuña a súa desaparición e lembraban a súa importante obra a prol do recoñecemento do idioma galego e da conducta exemplar dos galegos.



Extractado do libro Emigrantes Sobranceiros de Olimpio Arca Caldas.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1