A Estrada

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Editorial: Editorial Everest
Descripción:

Esgotada a guía turística do ano 1976, Reimóndez reedita corrixida e ampliada para a importante colección da Editorial Everest.

aestrada
Ver extracto

A Estrada Descoñecida

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Descripción:

Guía por tomos, na que vai relatando dunha forma didáctica o coñecemento das pedras na Estrada, como marca fundamental da nosa identidade, con debuxos del mesmo realizados a man alzada. Multicopiada en colaboración co Colexio Público do Foxo. Sen publicar.

aestradadesconecida


A Estrada rural

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Editorial: Excma. Diputación de Pontevedra
Descripción:

Volume de 330 páxinas que conforma o máis completo estudio existente sobre o universo que conforma A Estrada coas súas 51 parroquias.

Conleva o estudio ademais de cada parroquia e os seus lindes, comunicacións, hidrografía, orografía, descrición de castros, cruceiros e pedras importantes, mámoas e lendas a historia de cada parroquia, igrexa e capelas, casas solaregas, pazos, feiras, festas, etc.. persoeiros egrexios, plantíos reais e toponimia maior menor e microtoponimia, o que o fai xa hoxe en día unha reliquia da investigación estradense e eleva o nivel de estudio no noso municipio a unha categoría nada fácil de acadar.

aestradarural
Ver extracto

A rapa das bestas de Sabucedo

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Descripción:

Opúsculo sobre a máis senlleira festa do concello da Estrada.

aestradarural

Artigos

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Xénero: Artigos longos
Descripción:
  • MEDICINA POPULAR EN TIERRAS DE TABEIROS (A ESTRADA - PONTEVEDRA)



Cruceiros e cruces do nordeste da provincia de Pontevedra

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Editorial: Excma. Diputación de Pontevedra
Descripción:

Estudio completo dos 322 cruceiros dos nove concellos: A Estrada, Cerdedo, Cruces, Dozón, Forcarei, Golada, Lalín, Rodeiro e Silleda, espallados nunha extensión de 1.460 km. No seu transfondo subxace a incansable curiosidade investigadora de Reimóndez Portela, na súa peregrinaxe polos angostos camiños rurais e polas tortuosas e agochadas corredoiras, nunha afanosa búsqueda do máis xenuíno da nosa terra.

Editado pola Deputación Provincial en 1985 por acadar o Premio do concurso anual de investigación en 1981.

cruceirosecruces


El camino a Santiago por el Sudeste

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Editorial: Consellería de Relacións Institucionais e Portavoz do Goberno Secretaría Xeral Técnica
Descripción:

Coa proximidade do Ano Santo de 1993, todas as institucións andan na procura de aotpar os camiños que chegaban a Santiago. D. Manuel coñece de vello anacos destes vieiros. Coa teima de atopar, unha vez máis, tributo á nosa cultura, coa colaboración de José Espiño Mato, párroco de Bandeira – Silleda e de D. Mariano Sinde Lema, coñecedor das terras de Vedra e Boqueixón, percorre os esquecidos camiños dende a ponte romana de Ourense ata Santiago.

elcaminoasantiagoporelsudeste


Estudio Médico-Geográfico del partido judicial de la Estrada

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
estudiomedico

Guía turística de la Estrada

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Editorial: C.I.T. e Hijos y Amigos de La Estrada
guiaturistica


Marcas de canteiros de la desaparecida torre de la Barreira (A Estrada - Pontevedra)

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Editorial: Excma. Diputación de Pontevedra
Descripción:

Ponencia no Congreso Intrernacional de Cliptografía e estudio rigoroso que valeu para recuperar a memoria da importante Torre da Barreira, de vestixios case inexistentes e que a partires do rigoroso estudio feito por Reimóndez, valeu non só para saber da súa situación exacta e constitución senón a importancia histórica deste asentamento medieval.




O Estatuto dos 16

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Editorial: Editorial Galaxia
oestatutodos16

Un médico na aldea

Autor: Reimóndez Portela, Manuel
Editorial: Edicios do Castro
Descripción:

Libro onde recolle as súas vivencias de exercicio de máis de 40 anos de profesión e no que aparece plasmada a súa sensibilidade e profundo sentido humanístico. Son as peripecias nun breve, ilustrativo e divertido libro nas que queda patente unha vez máis a súa alta calidade humana e as condicións en que os galenos da época tiñan que traballar entre curandeirismo e supersticións.



...

Ó longo destas páxinas imos coñecer da peripecia dun médico na aldea trinta, corenta anos atrás, entre supersticións, curandeirismos, diagnósticos e terapéuticas que hoxe resultan insólitos, doenzas con nome de seu, enfermos imaxinarios, e tantas cousas máis.


E non só conta Reimóndez ( home dun grande humanitarismo ) moitos momentos vividos por el como médico na aldea, senon que todo o vai contando con certo aquel moi persoal, con gracia, con retranca, sin dramatizar, no posible, precisamente porque veu de todo, pasuo por todas, e está de volta de canto hai referente á dor humana.
...



Xosé Neira Vilas no Proemio do libro.
unmediconaaldea
Ver extracto

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1