DATAS DUNHA VIDA

1901

6 de decembro Nace no lugar de Barro , parroquia de Codeseda ( A Estrada ).

1918

Comeza en outono os estudios no Seminario de Santiago.

1923

Asiste á V Asemblea das “Irmandades da Fala” na Coruña. Primeiros poemas en galego. Rematado o curso 1922-23 deixa o Seminario. En setembro, primeiro poema en castelán. En outubro primeiros escritos en prosa galega e, despois, castelá.

1924

Morre en decembro a súa curmá Dora (Dorinda).

1925

De xaneiro a xuño cumpre o servicio militar en Pontevedra. En decembro morre a súa irmá Emilia.

1927

En outono regresa ó Seminario-Universidade Pontificia de Santiago. Socio do “Seminario de Estudios Galegos”.

1929

En outono é nomeado profesor auxiliar da Universidade Pontificia de Santiago.

1930

En abril asiste á VI Asemblea das “lrmandades da Fala” En xuño recibe a orde do diaconado. En xullo acada o título de mestre nacional.

1931

En xaneiro (ou primeiros de febreiro) aparece Vagalumes. En abril é nomeado vocal do comité provisional da “Agrupacicón Nazonalista” de Santiago. En xuño acada o título de licenciado en Filosofía e Letras (Sección Historia). Ó 25 de xullo recita publicamente en Santiago o seu poema "No Día de Galicia". En setembro recibe a dispensa da orde do diaconado. En outono comeza a súa docencia no Colexio dos Xesuítas de Vigo e asina a "Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas". En decembro participa na asemblea fundacional do Partido Galeguista (I Asemblea) en Pontevedra.

1932

En febreiro profesor na "Academia Labor", continuación do incautado colexio vigués dos xesuítas. En outono profesor no novo Colexio Labor de Vigo. En decembro é nomeado Secretario de Actas do “Grupo Galeguista” de Vigo e, pouco despois, Secretario de Actas tamén da II Asemblea do Partido Galeguista en Santiago.

1933

No verán asiste en Barcelona ós “Cursillos” para profesores En outono é nomeado profesor e director do Instituto Elemental de Medina de Rioseco (Valladolid).

1934

En outono é nomeado profesor do Instituto de Linares (Jaén) e, en decembro, director do mesmo.

1936

Morre en Linares o 2 de abril.

1962

En outubro traslado das súas cinzas á súa parroquia natal de Codeseda.

1969

Reedición facsímil de Vagalumes.

 

2002

O Concello da Estrada declara ó 2001 como Ano Cultural Cabada Vázquez.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1