DATAS DUNHA VIDA

1876 - 16 de novembro

Nace no lugar de Ulla - Berres no concello da Estrada, nunha familia campesiña.

1905

Remata os estudos de Maxisterio, como alumno libre, na Escola Normal de Santiago de Compostela.

1906

Casa con Carmen Insua Rodríguez e vai vivir para a casa da súa dona, no lugar de Pousada, na paroquia estradense de Callobre. Será o seu fogar definitivo. O matrimonio terá catro fillos.

Sae a rúa, no seu concello natal, o periodico El Estradense, oposto os sectores partidarios do daquela todopoderoso Marqúes de Riestra. García Barros chegou a ser director desta publicación.

1907

Encarcerado pola súa actividade en El Estradense por "supostas calumnias a determinadas autoridades", como el mesmo deixou escrito nun artigo tras ser posto en liberdade. Os problemas coa xustiza e con algúns sectores da política e da vida social da zona foron frecuentes ó longo da vida xornalística de García Barros.

1908

Vicepresidente da Federacion Sindical Agrícola do Concello da Estrada.

1920

Abre a colaboración có periódico El Emigrado, órgano das Sociedades de Agricultores e Emigrados da zona da estrada. No número 3 desta publicación - 15 de outubro - iniciou a sección Contiños da terra, co relato titulado "Camiño da montaña".

1923

Logra despois de varios intentos e decepcións, praza oficial como mestre. O seu primeiro destino foi a parroquia estradense de Rubín.

1924

En xaneiro iniciou en El Emigrado a sección titulada Rexoubas, coa que empeza a empregar o pseudónimo Ken Keirades, e que, como os contiños tanta sona lle daría.

Premiado no certame literario promovido pola Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela polo seu conto O fubol en Malpocados, un dos relatos máis orixinais da súa traxectoria.

1929

Logra co traballo Falemos na nosa fala o primeiro premio nun certame de exaltación da muller galega, celebrado na cidade de Pontevedra.

1930

Editase na Coruña Falemos na nosa fala. A edición deste breve traballo foi custeada por emigrantes estradenses con motivo do Día de Galicia.

1931

Publicación en libro de Contiños da Terra. A edición, feita na Coruña pola editorial Nós, contou co apoio económico das sociedades de emigrados da Estrada en Buenos Aires e La Habana.

1936

Ten que rematar, debido á nova situación política, a exitosa colaboración con El Emigrado, periódico que se seguirá editando pero nunha liña de aproximaciónó novo réxime político.

30 de agosto

O novo réxime político, a través do gobernador civíl de Pontevedra, suspéndeo de emprego e soldo como mestre, debido á súa traxectoria social e cultural

1940

Unha orde ministerial confirma a súa separación definitiva da docencia.

1941

Morre, os 63 anos de idade, a súa dona Carmen Insua.

1942

Conclue a redacción da novela As aventuras de Alberte Quiñoy.

1949

Un certame literario do Centro Galego de Buenos Aires considera As aventuras de Alberte Quiñoy unha das catro obras presentadas a concurso con "meritos suficientes para poder obter o primeiro premio".

1952

Segunda edición de Contiños da Terra, feita en Buenos Aires cos auspicios do Centro Cultural do Partido da Estrada.

1955

Andando xa os oitenta anos, trasladáno durante uns días ó Cárcere Provincial de Pontevedra. O motivo foi que durante un rexistro policial na súa casa de Pousada atoparan na mesma revistas e documentación consideradas contrarias ó réxime político e social imposto.

1957 - 31 de marzo

Nomeado correspondente da Real Academia Galega.

1958

Inclúe no seu testamento a famosa cláusula na que recorda o seu amor a Galicia e fai votos para un futuro mellor para a mesma.

A profesora arxentina Cecilia Alcoba de Abril reúne material literario de García Barros en Buenos Aires - entre o que se atopa a copia orixinal de As aventuras de Alberte Quiñoy e trasladao a Galicia. Anos despois xa morto o escritor, remitirá a súa familia máis documentación.

1972 - 12 de abril

Morre na súa casa de Pousada - Callobre. Foi soterrado no cemiterio parroquial de San Martiño de Callobre.

En outono publicase en Vigo a primeira edición de As aventuras de Alberte Quiñoi.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1