Naceu  na Estrada no ano 1.972. Realizou os seus estudos de bacharelato no IES “Manuel Garcia Barros” da Estrada, que rematou no ano1.991. A continuación encetou os estudos de Maxisterio, especialidade de Educación Infantil, en Santiago de Compostela, que rematará no 1.994, realizando a seguir estudos de Pedagogía, nos que se licenciará no 1.997, coa especialización de  Intervención Socioeducativa.

 

Comenzará a súa andaina profesional en “   Caritas A Estrada” a través dos seus diferentes  programas Socioeducativos e iniciativas de promoción do colectivo infantil e xuvenil. No ano 2.001 comezou os estudos de Doutoramento pola universidade Compostela no Departamento de Teoría e Historia da Educación- No ano 2.003   realiza o Máster en Desenvolvemento Local e  Comarcal polo Universidade de Santiago de Compostela.

 

Nos últimos anos coordina  o Programa de Dinamización Rural de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, cunha especial dedicación á comarca de Tabeirós- Terra de Montes. Ten impartido Seminarios, conferencias e grupos de Formación en relación a temáticas varias, sempre en clave pedagógico-social, de animación socio-cultural, desenvolvemento e educación comunitaria, ou educación familiar, entre as máis significativas.

 

A nivel individual ten publicadas dúas obras, que sen froito da súa dedicación profesional, Así temos: EDUCACIÓN AMBIENTAL COMUNITARIA.

ANÁLISE DUNHA EXPERIENCIA EN CURSO ( Danú S.L. – Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, 2.000) e EDUCACIÓN COMUNITARIA E ANIMACIÓN RURAL ( Danú  S.L. – Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, 2.001). Asimismo é autor de diferentes artigos, sobre todo no xornal “    El Faro de Vigo”, sempre tendo como referente o aspecto pedagógico e social.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1