Biografía Juan Blanco Valdés

Nace na Estrada no ano 1.960, no seo dunha familia de marcada tendencia liberal e con nomeados intereses culturais. Cursou  o ensino primario e o bacharelato na súa vila natal, marchando logo a Compostela. Licenciado en Filoloxía Hispánica no 1.982 e rematando Filoloxía Galego – Portuguesa dous anos máis tarde. Na actualidade   é Técnico Editorial da Universidade Compostela e Secretario  da súa comisión de Publicacións, e Profesor do Departamento de Lingua Española da UNED de Pontevedra.

É patrono do “   Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela”.

 

A súa primeira obra publicada está enmarcada dentro do ensaio; así temos, LÉXICO EDITORIAL CASTELÁN-GALEGO ( Universidade de Santiago de Compostela, 1.993), HIPERTENSIÓN CÍVICA. Aproximación á vida e á obra de Roberto Blanco Torres ( Ed, do  castro, 1.998), ROBERTO BLANCO TORRES (  Xunta de Galicia, 1.999) e ROBERTO BLANCO TORRES ( 1.891 – 1.936) : Unha fotobiografía ( Ed.  Xerais de Galicia, 1.999),  para a continuación publicar dúas obras líricas: OS SIGNOS, AS MUDANZAS (   Deput. Provincial de Pontevedra, 2.001) e RUÍNAS (    Follas Novas, 2.003).

 

Tamén son moi a ter en conta os seus artigos e colaboracións, moi especialmente aqueles que teñen como tema central ao seu tío, Roberto Blanco Torres, publicados nas máis variadas revistas culturais, como. “   Verba “, “   Boletín Galego de Literatura”,  Revista Galega do Ensino”, “    Grial”,  “    A Estrada. Miscelánea histórica e Cultural “, “   Tabeirós Terra”…

 

Tamén foi o autor go “    Limiar”  á obra de Olimpio Arca, UNHA VOZ, MARY ISAURA (Asoc.  Fillos e Amigos da Estrada, 2.001).

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1