Biografía Mercedes Brea

Naceu na Estrada no ano 1.950. É licenciada en Filosofía e Letras (    Sección de Filología Románica) pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1.972,

Acadando o “    Premio extraordinario fin de carreira” e o “Premio nacional fin de carreira”.  É doctora en Filología Románica dende o ano 1.975,  acadando a cualificación de “   sobresaliente cum laude”. Comenzou a súa actividade docente  na Universidade Compostela no ano 1.973, sendo agregada interina e  posteriormente catedrática interina de dita Universidade. No ano 1.983 converteuse en Agregada numeraria da Universidade de Granada e no ano seguinte en Catedrática da mesma Universidade, inda que sempre estivo en comisión de servicios na Universidade de Compostela, na que pasará  a ser Catedrática de Filología Románica a partir do 1.986.

En todo este percorrer académico impartiu anualmente cursos de doutoramento e dirixiu numerosos Traballos de Investigación tutelados, así  como numerosas Memorias de Lcenciatura. É decana da Facultade de Filología de Santiago de Compostela dende o ano 2.000.

 

A título individual ten publicadas varias obras. Así temos. LÍRICA PROFANA GALEGO- PORTUGUESA. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica (    Xunta de Galicia, 1.996). MARTÍN CODAX, MENDIÑO E JOHAN DE CANGAS (   Xunta de Galicia, 1.998) e A CANTIGA DE AMIGO (    Ed. Xerais de Galicia, 1.998), esta en conxunto co Pilar Lorenzo. Ademáis  foi coordinadora da obra CANTIGAS DO MAR DE VIGO. EDICIÓN CRÍTICA DAS CANTIGAS DE MEENDINHO, JOHAN DE CANGAS, E MARTÍN CÓDAX (    Xunta de Galicia, 1.998). Tamén son moitos os capítulos escritos en obras colectivas. Así temos: “   As cantigas da Ría de Vigo” en CANTIGAS DO MAR. HOMENAXE A JOAN DE CANGAS, MENDINHO E MARTÍN CÓDAX (   Fund. Barrié de la Maza, 1.998), “   E verra i, mia madre, o meu amigo” na obra DÍA DAS LETRAS GALEGAS 1.998. MARTÍN CÓDAX, MENDIÑO E JOHÁN DE CANGAS (   Universidade de Santiago de Compostela, 1.998), “   Os santuarios á beira do mar “ en JOHÁN DE CANGAS, MARTÍN CÓDAX, MEENDINHO. 1200- 1350, LÍRICA MEDIEVAL (    Ed. Xerais de Galicia, 1.998), “   As cantigas de Santa María” en

PROXECTO GALICIA (    Hércules Edicións, 2.000) e “   D. Xosé Filgueira Valverde e as Cantigas de Santa María” no MEMORIAL FILGUEIRA VALVERDE. ESTUDIOS SOBRE LÍRICA MEDIEVAL GALEGO- PORTUGUESA (    Cátedra Filgueira Valverde, 2.0029.

 

Asimismo son numerosos os seus artigos en Revistas coma “   Verba”,  “   Grial”,  Revista Galega do Ensino”, “   Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca”… e tamén en misceláneas en homenaxe a diversas personalidades, sen esquecernos as súas “   comunicacións” en congresos internacionais.

 

Na actualidade está como investigadora principal no proxecto titulado “   O cancioneiro de xograres galegos”.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1