Biografía Manuel Cabada Castro

Naceu en Sabucedo (   A Estrada) no ano 1.935.  Aos Dez anos vai estudar para o colexio dos Xesuitas de Camposantos (    A Garda). Pasará aquí  dous anos  e continuou cos estudos de bacharelato no tamén colexio dos Xesuitas de Carrión de los Condes

(    Palencia)  no que cursou cinco anos máis. A continuación ingresou  na Orde da Compañía de Xesus, no ano 1.952, onde botou catro anos. Entre o 1.956 e o 59 iniciouse nos estudos de licenciatura eclesiástica en Filosofía  pola Universidade Pontificia de Comillas (   Santander). Despois   pasará un ano  facendo de “   maestrillo”  no Seminario Menor Desta localidade. O seu destino seguinte foi en Innsbruck   (Austria), onde se adicou  á teología durante catro anos. Será aquí   onde recibirá a orde do presbiterado no ano 1.963. Acadada no ano seguinte a licenciatura de teoloxía, tras unha estadía dun ano de formación xesuística en Salamanca, voltou a centroeuropa, a Munich. Co título de doutor en Filosofía pola Universidade muniquesa, despois de catro anos  de estadía alí, voltará á peninsula no ano 1.969,  para Madrid, onde  comezará a súa docencia na Facultade de Filosofía ( agora Ciencias Humanas e Sociais)  da Universidade Pontificia Comillas de Madrid. Dende  o curso 78 – 79 simultanea esta docencia coas clases na Facultade de Filosofía da Universidade Complutense, onde é profesor titular dende o ano 1.986, acadando  tamén o doutorado en Filosofía por esta Universidade Complutense.

 

Ao longo da súa vida recibiu numerosas distincións e asimismo é membro   de numerosas asociacións: así temos que é membro da “    Enxebre Orde da Vieira”

(    Madrid, 1.975); membro da Asociación “    Amigos Da Terra  de Montes”

( Cerdedo); membro da Asociación de “ Fillos e Amigos da Estrada”; ten a insignia do  “ Salmón de Ouro” ( A Estrada,1.992) , Premio “ San Martiño” para a Normalización Lingüística e Cultural ( A Estrada, 1.995); “ Enseña de Ouro” e “ Diploma de Honra” concedidos pola “ Asociación Amigos de Terra de Montes” ( 2.001)…

 

Canto á súa obra, ten publicados tres ensaios: A RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO. HISTORIA E ANTROPOLOXÍA DUNHA TRADICIÓN ( Ed. Ir Indo, 1.992); XOSÉ MANUEL CABADA VÁZQUEZ OBRA COMPLETA. POEMAS E OUTROS ESCRITOS (

(    Fundación Cultural da Estrada, 2.001) e PAIXÓN POÉTICA E MILITANCIA GALEGUISTA. ESTUDIO BIOGRÁFICO SOBRE XOSÉ MANUEL CABADA VÁZQUEZ (   Ed. Do Castro, 2.001). Tamén ten colaborado con todo tipo de temáticas en Revistas e sornáis, destacando as súas colaboracións nas Revistas “    Encrucillada”, “    Grial”, “    Revista Galega do Ensino”, “ Cotaredo”… E en sornáis coma “   Tabeirós Terra”    , “    Faro de Vigo”…  Asimismo colaborou na “   A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural” (   Fundación Cultural da Estrada) e tamén na homenaxe ao estradense Manuel Reimóndez Portela MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA. NA LEMBRANZA (   Ed. Do Castro    , 1.996) coa colaboración “    Manuel Reimóndez Portela, na Lembranza”.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1