Obras Pepe Carballude

De cómo o santo dos croques se fai peregrino.

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Xuvenil
Editorial: Ediciones SM
Colección: O Barco de Vapor
Páxinas: 143
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-34838528-X
Descripción:

¿Imaxinades por un intre que a escultura do Mestre Mateo e máis un par de figuras do Pórtico da Gloria cobrasen vida e se pusexen a facer o Camiño de Santiago?.

Ese é o argumento do presente libro, escrito con humor e a imaxinación caracteristicas do autor, que se amosa seguidor dunha tradición literaria moi nosa.

comoosantodoscroques
 
 

 

Investigacion 091

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: Ediciones S.M.
Colección: Gran angular
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-3482623-2
Descripción:

O tráfico e consumo de drogas en Areal do Conde, suposta vila das Rías Baixas, centran a acción desta novela, que se desenvolve en torno a tres protagonistas: Xavier, alumno de instituto enfermo de hepatite; Manolo Longueira, profesor de inglés que resulta ser un policía e Rosa, telefonista que recaba información para unha reportaxe na revista "Pulso Semanal", na que lle gustaría traballar.

investigacion091
 
 

 

Maldito D.N.I.

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: Xerais
Colección: Fora de xogo
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
Descripción:

¡Maldito D.N.I.! é a historia de Olimpio Montes, biólogo de profesión, que despois de chegar á conclusión de que o maior atranco dunha persoa para ser feliz é o Documento Nacional de Indentidade, toma a decisión de morrer legalmente e así vivir á marxe da burocracia moderna.

malditodni
 
 

 

Mimos e mais mimos

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: Galaxia
Colección: Árbore
Páxinas: 71
Tamaño: x cms
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-8288-279-1
Descripción:

Olalla é unha nena espelida e riquiña. Pero non é unha santa. Cando naceu a súa pequena irmá Andrea, apareceron uns seres estraños na casa. Son os Mimos, están todo o día enleando a Olalla que é a única que sabe deles, pois son invisibles para os demais...

mimosemaismimos
 
 

 

O deus desaparecido

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: S.M.
Colección: O Barco de vapor
Páxinas: 128
Tamaño: 19 x 12 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-348-3440-5
Descripción:

Premio O Barco de Vapor 1990
O conductor dun tráiler vese de súpeto escoltado por axentes de tráfico, que o guían ata a cidade de Faro. Cando se abre a súa porta traseira ante as autoridades, bota un fedor insoportable. Non é o camión cos cadros para a magna exposición da obra de Velázquez. Cando por fin a montan, o comisario da exposición descobre que falta o deus Apolo de "A fragua de Vulcano". Marchou á final de futbol do equipo local Olímpico e contaxiado polo ambiente botouse ao campo para mallar no árbitro. Deteno a policía. Como di ser un deus, intérnano nun psiquiátrico. Fúgase, vive a loucura duns grandes almacéns e logo arrasa nun concerto de rock coa súa cítara. O detective privado Sito Pescudo só pode informar do seu desconcerto no caso e... cobrarlle ben ao comisario, o único, por certo, que non chegou a ver a Apolo Délfico no cadro.

odeusdesaparecido
 
 

 

Os enredos de Olalla

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: Everest
Colección: Montaña encantada
Páxinas: 47
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-403-0391-2
Descripción:

Olalla é unha nena pequerrechiña, á que lle encanta arremedar os sons dos animais. Un día, por non querer comer, puxéronselle en folga os membros do corpo...¿o curandeiro Dentabrú será quen de axudala?

osenredosdeolalla
 
 

 

Os gazafellos

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: Editorial Galaxia / Ediciones S.M. Madrid
Colección: O Barco de Vapor, serie Vermella
Páxinas: 144
Tamaño: 16 x 19 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7154-589-6 / 84-348-2302-0
Descripción:

Premio Barco de Vapor
Na aldea de Mourelle o mestre don Arturo proponlles aos seus alumnos un traballo de recollida de lendas sobre os mouros. Adrián e Tino, dous rapaces argalleiros, acoden ao señor Xaquín, bisavó e padriño de Adrián, lector incansable e home de fonda cultura popular, que lles conta o que leu nun suposto libro de Cunqueiro e historias dos mouros que andaron por alí: el mesmo vira a sete bañándose en coiro na fonte da igrexa. O mestre tivo premios fantásticos para todos; a eles deulles unha lata de marmelada branca para a cría de gazafellos novos. O problema é que non saben nada destes bichos. Terán que pescudar.

 
 
 

 

O talismán dos druidas

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: Galaxia
Colección: Arbore
Páxinas: 104
Tamaño: 20 x 11 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7154-678-7
Descripción:

O Consello de Anciáns dos Nerios, habitantes do castro de Amarelle, debate con preocupación sobre o futuro porque se están instalando os costumes romanos entre a súa xente e séntense indefensos ante un próximo ataque do pobo de Roma. O cego druída Arístides, o único que segue vive logo de que Megalikós, besta terrible, acabase cos outros druídas e se instalase nas minas, propón que antes de baixar a elas para armarse contra os futuros invasores, recuperen o Talismán. Só con el poderán acabar co monstruo e volverán os bos tempos. E o único que o pode facer é Kanerez, que debe ir á Fin da Terra e recuperar o Diamante perdido. Todos o aceptan logo de que este pase tres probas que demostran que é o elixido. Desde ese momento chamarase U-xío. Comeza así a aventura que o levará ao Cabo do Mundo para recuperar a pedra preciosa.

otalismandosdruidas
 
 

 

O xilgaro pintor

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: Galaxia
Colección: Tartaruga, 15
Páxinas: 24
Tamaño: 16 x 19 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7154-596-9
Descripción:

Cibrán e Pintor, o xílgaro, son grandes amigos anos. O rapaz ten sete anos, os mesmos que hai que trouxeron o paxaro para casa. Tan ben se entenden que cando Cibrán o saca da gaiola, o xílgaro faille a raia do pelo co peteiro. Un día pensou en buscarlle compañeira para que non estivese tan só. Levouno, atado por un sedal, á busca dun niño pero non atoparon ningún. Entón valeuse do can, devecido polos ovos, nos que era un auténtico especialista, que deu con un nunha pereira. Trouxo Cibrán un ovo para a casa, que chocou a galiña. Días despois, ante a sorpresa de todos, o que saíu del foi unha cobriña. Ao cabo dun tempo, a cobra mudou de camisa. Esa mesma noite, desapareceu a pel: no seu lugar había un paxariño semellante a Pintor. O xílgaro xa tiña compañeira.

oxilgaropintor
 
 

 

Paisaxe con fondo gris

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Novela
Editorial: Galaxia
Colección: Costa Oeste
Páxinas: 171
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-8288-432-8
Descripción:

Alfredo, o protagonista desta novela, vela o cadaver do seu pai, un garda civil autoritario e obsesivo. A ocasión é propicia para que as lembranzas vaina agromando e asistamos deste xeito á narración da difícil vida dun rapaz de procedencia rural que ten que loitar por todo o que vai conseguindo

paisaxeconfondogris
 
 

 

Romaxe de desventuras

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: Edebe - Rodeira
Colección: Periscopio
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-8116-643-X
Descripción:

Lisardo Novo volta a este mundo ante a sorpresa da súa familia. Non peregrinara a San Andrés de Teixido, onde vai de morto quen non foi de vivo. Emprende enton a sua peculiar odisea para conseguilo.

romaxededesventuras
 
 

 

S.O.S.

Autor: Carballude,  Pepe
Xénero: Infantil/xuvenil
Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Arbore, Serie Rosa * Costa Oeste
Páxinas: 124 * 146
Tamaño: 21 x 12cms. * 21 x 14 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7154-916-6 * 84-8288-179-5
Descripción:

Novela xuvenil baseada nun feito real: o embarrancamento do buque Casón, cargado de materiais contaminantes, na Costa da Morte. Ó longo de once capítulos divididos en días e horas, un narrador omnisciente en terceira persoa relátano-lo efecto psicolóxico, social e político que un acontecemento desta índole pode chegar a exercer sobre unha colectividade. A acción xira arredor de dous núcleos principais: a conflictiva vida laboral dun político (que por mor da súa dedicación exclusiva ó traballo case perde muller e fillas) e unha tráxica historia de amor entre dous mozos. Un entramado que permite ó autor, narrador e personaxes reflexionar sobre un bo conxunto de temas actuais (ecoloxía, discriminación social, manipulación de masas, responsabilidade política, etc.).

sos1
 
 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1