Biografía Xosé Couceiro Bugallo

Naceu en Santo André de Souto (   A Estrada) no ano 1.963. Estudou na Estrada e máis en Santiago de Compostela,  cousa que mesturou cos traballos de cotío, na casa  de labranza na que se criou. Se hai dúas cousas que envirtaron o seu espírito artístico foron por unha banda un galano que certo día lle  avasallaron: unha gaita. Foi   o estudo da gaita o que o  levou a querer saber e a amar sen condicións a Galiza e en  particular á terra que o viu nacer. Xa  na postdictadura, nos  seus anos de bacharelato, compuxo os seus primeiros escritos  en galego e co –fundou o primeiro grupo de música tradicional chamado “   Airiños da Baiuca”. Dende aquela sempre estivo activo  no mundo músico- cultural, colaborando na fundación, e sobre todo  na didáctica, de máis dunha ducia de formacións, hoxendía vixentes as máis delas. Compuxo  varias pezas para gaita e algún cantar. Na  actualidade  exerce como instrutor de música tradicional, maiormente de gaita e como artesán.

 

A partir dos anos 90 está a abondar un pouco máis na escritura. A súa obra permanece  case toda  inédita. É autor da obra lírica  titulada O MEU BRADO MAINIÑO (   Ed. Fervenza, 2.004).

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1