Biografía Manuel Fragoso

Naceu en Codeseda (A Estrada) no ano 1.956. A súa obra artística foi exporta en diferentes lugares de Galiza e incluso fóra (Bilbao).  É membro da Comisión dos Premios San Martiño.

 

Os seus debuxos aparecen ilustrando diversas obras literarias, así coma en revistas e sornáis da cultura do noso país. As grandes editoriais galegas nalgún momento contaron cos seus deseños, así temos: “Edicións Xerais de Galicia”, “Editorial Galaxia”, “Via Láctea”… O mesmo que ocorre coas revistas “Escrita”, “A Nosa Terra “, “Can sen dono “, “Galicia expres-ese”, “Tintimán”, “Quevedos”…  e sornáis coma “La Voz de Galicia”, “El Faro de Vigo”…

Ademáis atopamos os seus debuxos en HOMENAXE DA POESÍA E DA PLÁSTICA GALEGA AOS QUE LOITARON POLA LIBERDADE (Ed. O Castro), WIAXE KÓSMICO POLO MUNDO DUN HINÚTIL,

De Secundino do Rueiro, AS CORES DO VENTO (Xunta de Galicia) e colaborou con GALIX-GALICIA SOLIDARIEDADE, con PRESENCIA GITANA CONTRA O RACISMO E A XENOFOBIA

e asimismo numerosas portadas e interiores de obras literarias coma XOSÉ MANUEL CABADA VÁZQUEZ. Obra completa, poemas e outros escritos (Fundación Cultural da Estrada, 2.001), MARCIAL VALLADARES. Cantigueiro Popular (Fundación Cultural da Estrada, 2.004), PARA ISO ESTÁ O FUTURO, de David Otero (Ed. Fervenza, 2.003) e finalmente con O MEU BRADO MAINIÑO de Xosé Couceiro (Ed. Fervenza, 2.004) e con O CIRIDONIO (Ed. Fervenza, 2.004) de David Otero.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1