Biografía Xoán Carlos Garrido Couceiro

Naceu na Estrada no ano 1.965.  Realizou os seus estudos primarios eo  Bacharelato na Estrada, e posteriormente licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación na  Universidade de Santiago de Compostela.

 

Cursou  o doutoramento en Antropología. Foi responsable comarcal do Sindicato Labrego e Director da “   Editorial Fouce”.  Ten participado en Ponencias na “Semana Galega de Filosofía” e no “Congreso Castelao”. Foi membro do consello de Redacción da Revista “Contrarretranca”  Tamén foi membro da “Asociación  Cultural A Estrada” durante dúas decadas.

 

A nivel individual comezou publicando a obra MANUEL GARCÍA BARROS. LOITANDO SEMPRE (Ed. Fouce, 1.995).  para continuar con O PENSAMENTO DE CASTELAO (A Nosa Terra, 2.000) e MANUEL GARCÍA BARROS (Ed, Fervenza, 2.002), así  como tamén foi autor da edición crítica O PENSAMENTO GALEGUISTA DA POSGUERRA (A Nosa Terra, 1.997).  Últimamente publica a obra teatral FALANDO CON BALAS

(Ed. Fervenza, 2.004).

 

A nivel colectivo ten publicado colaboracións nas máis variadas obras, Así temos: “O  concepto de nación en Castelao” nas ACTAS DO CONGRESO CASTELAO (Universidade de Santiago de Compostela, 1.989); “Castelao: nazón e alineación” en O PENSAMEMTO GALEGO NA HISTORIA (Universidade de Santiago de Compostela, 1.990); O pensamento galeguista (o ensaio filosófico de  posguerra)” en HISTORIA DA LITERATURA GALEGA (ASPG- A Nosa Terra, 1.996); “Roberto Blanco Torres” en OS MÁRTIRES DO 36 (A Nosa Terra, 1.996); “Propostas metodolóxicas para o estudio do poder local na Galicia. Dos últimos anos da Restauración” en  PODER LOCAL, ELITES E CAMBIO SOCIAL NA GALICIA NON URBANA (Universidade de Santiago de Compostela, 1.997); “A democracia na Galiza” en ROBERTO BLANCO TORRES, O COMBATE INCESANTE (A Nosa Terra, 1.999); “O teatro militante de Varela Buxán” en MANUEL DANIEL VARELA BUXÁN. O PATRIARCA DO TEATRO GALEGO (Seminario de Estudios Deza, 2.000); “A imposible victoria de Chinto Crespo” en O SINDICATO DE AGRICULTORES DE TEIS (Asoc. Veciñal de Teis, 2.000),  “As causas da crueldade” en MURGUÍA, REVISTA GALEGA DE HISTORIA (Asoc. Galega  de historiadores, 2.004) e “Na Estrada entre labregos e agrarios” en PEDRO REY. A PARROQUIA RETRATADA ( Xunta de Galicia-Universidade de Santiago de Compostela, 2.004). Ademais foi colaborador de dúas obras para o ensino: FILOSOFÍA. 1º BACHARELATO (Promocións Culturais Galegas, 2.000) e FILOSOFÍA. 2º BACHARELATO (    Promocións Culturais Galegas, 2.001).

 

Tamén os seus artigos en diferentes revistas son  numerosos, destacando os inseridos nas revistas “Terra e Tempo” e Contrarretranca”.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1