Biografía Carlos Mella Villar

Naceu no Foxo (A Estrada) no ano 1.930.  Estudou Dereito na Universidade de Deusto, licenciándose finalmente na Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o doutorado na Universidade Complutense de Madrid. É diplomado en Ciencias Económicas pola Soborna e especializouse en temas monetarios e financeiros na Universidade de Harward.  É máster en Dereito Financeiro e Tributación. Rematada a carreira, ingresou por oposición no Ministerio de Facenda, no que ocupou os cargos de Xefe do Servicio de Información, Director  do Servicio de Anállise Económica, Subdirector e Director Xeral de Política Financeira. Foi asimesmo funcionario da Organización Europea de  Cooperación e Desenvolvemento (O.C.D.E.) en París durante catro anos. Foi representante de España nas Nacións Unidas na primeira conferencia mundial sobre Comercio e Desenrolo.

 

Conselleiro do Banco Hipotecario, conselleiro do Instituto de Planificación Contable e membro do consello de redacción de Economía Financeira Española. Tamén, durante cinco anos, foi profesor da cátedra de Economía Política na Universidade Complutense.

Nese período foi premiado pola Fundación March polos traballos en col dos ciclos económicos. No sector privado, foi presidente do consello de administración de  “Carcesa”, de  “ Forum Inmobiliario” e de “ Latinoamericana de Financiación”.

Elexido  Deputado ao Parlamento Galego, ocupou os cargos de Vicepresidente da Xunta de Galicia e Conselleiro de Economía. Abandonada a política activa, foi  elexido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

 

A súa obra abrangue os campos da narrativa e do ensaio. No que respecta á narrativa, publicou NON SOMOS INOCENTES (Edicións Xerais de Galicia, 1.990), O PROTOCOLO XAPONÉS (Edit. Compostela, 1.992), BIEITO, BIEITO (Edicións Xerais de Galicia, 1.993), COA PALLETA DISTRAÍDA (Espiral Maior, 1.994) e LUCES DE FISTERRA ( Espiral Maior, 1.995). Canto ao ensaio temos A GALICIA POSIBLE (Edicións Xerais de Galicia, 1.992) e A FALACIA DO ECONOMICISMO (Espiral Maior, 1.994). Finalmente publicou SORTE DO PAXARIÑO (2.004).

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1