Biografía Manuel Núñez Gestoso

Naceu en Santa Cristina de Vinseiro ( A Estrada) no ano 1.920. Comezou os seus estudos de bacharelato no Instituto da Estrada, pasando logo á Normal de Pontevedra, onde cursou Maxisterio. Sendo mestre nacional, sentiu a chamada do sacerdocio, ingresando no Seminario Diocesano de Tui. Unha vez ordenado sacerdote, foi nomeado profesor de Matemáticas de dito Seminario, exercendo a docencia  ao longo de 37 anos, ata a súa xubilación.

 

Ten publicados dous ensaios, un titulado AS FAMILIAS DA AVIFAUNA GALEGA ( Imprenta Gráficas Lomba, 1.985) e outro, un tratado de apoloxética, titulado VERDADES DA NOSA FE ( Artes Gráficas Dayro, 1.998).

Moitos poemas seus foron inseridos en diversas publicacións.  Tamén cómpre salientar que dúas obras súas no noso idioma aínda permanecen  no anonimato: LEMBRAMZAS DO CORPIÑO e HISTORIA DE SANTA CRISTINA DE VINSEIRO.

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1