Nace  no ano 1.898 na Consolación-Tabeirós (   A Estrada    )  No ano 1.913 ingresou na Escola Normal de Santiago onde estudará catro anos na carreira de  Maxisterio. No ano1.921 gañou,  nun concurso de méritos, unha vacante no padroado do Concello de Negreira ás “   Escolas Barcalesas   ” e alí comezará o seu labor de xornalista en colaboracións no “   El agrario barcalés “, así coma tamén o estradense “   El Emigrado”.

 

No ano 1.925 aproba as oposicións ao corpo de Mestres Nacionais, e cada vez colaborará  en máis sornáis coma “   Compostelano, “   El país Gallego “   Faro de Vigo”,  “   Vida Gallega”, “    Vida Escolar”… e vai desenvolver o seu traballo docente á parroquia de Castelo (   Tabeada – Lugo   ). No ano 1.928 foi premiado pola Deputación de Lugo pola organización da “    Festa  escolar da árbore”.

 

No ano 1.932, nun novo concurso de traslados, irá  impartir clase ás escolas de Siero ( Mieres). En Asturias tamén serán cotiáns as súas colaboracións en diferentes sornáis.

No ano 1.939  pasará a desempeñar a docencia ao distrito de “   El Fontán” (   Oviedo).

 

No ano1.958 será nomeado “   Académico Correspondente” da Real Academia Galega. No 1.966 será nomeado Director do Grupo Escolar “    El Fontán”.  No ano 1.970 recibirá o premio  ao mellor traballo en col  de Marcial Valladares, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela.

 

Finou en Oviedo no ano 1.985.

 

Cómpre salientar o seu inxente  traballo de colaboracións en diferentes sornáis e revistas tanto galegos coma asturianos e asimismo pola súa colaboración no número extraordinario de NÓS, por encargo da Real Academia Galega, no ano 1.969.

 

Polo que respecta ás súas obras, temos que ter en conta a súa novela A PECADENTA SILENZOSA (   Edit. Lar, 1.927) e a súa comedia teatral OLLO COS ESTUDANTES (   Impr. Lib. Y Enc. do Seminario Central de Santiago, 1.930/  Edicións Fervenza, 2.003).

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1