Estrada Escena Outono 2019

20 Setembro 2019

No Teatro Principal.

 

 

SETEMBRO

 

Día 29 ás 20.00 h - INVISIBLES, REDRUM TEATRO

redrum teatroINVISIBLES, REDRUM TEATRO
3 Premios María Casares


DÍA: Domingo 29 setembro
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: +12 anos
ENTRADA: De balde (con recollida de convites previa no dpto. de Cultura do Concello)

 

SINOPSE: Invisibles é un espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, que presenta diante do público sete historias cun denominador común: A violencia de xénero. O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, algunha delas xa coñecida pola súa repercusión mediática. De visión obrigada!

 

 

 

 

OUTUBRO

 

Día 04 ás 21.00 h -ELISA E MARCELA, A PANADARÍA TEATRO

Elisa e Marcela 2ELISA E MARCELA, A Panadaría Teatro

4 premios María Casares

 

DÍA: Venres 4 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: +12 anos
ENTRADA:5,00€ (venda anticipada no Concello da Estrada)

 

SINOPSE: Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.

As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Una comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

 

 

 

Día 05 ás 21.00 h -GALICIA, UN PAÍS DE LENDA, AACC A PONTENOVA

galicia terra lendaGalicia, terra de lenda
A Ponte Vella


DÍA: Sábado 5 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música tradicional e teatro
DURACIÓN: 80 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 7,00€ (venda anticipada no departamento de Cultura e Calzados A Esquina)

 

SINOPSE: Galicia, terra de LENDA é un espectáculo de raíz, que emerxe dun equilibrio entre teatro e baile e música tradicionais. Nel, cobra vida un seleccionado repertorio de lendas, crenzas e costumes das nosas entrañas máis fantásticas e fabulosas. Ademais, conta cun fío condutor que mantén o suspense e o drama ata o final da obra.

 

 

 

Día 11 ás 21.00 h -NOITE DE HUMOR CON ÁLEX CLAVERO E J.J.VAQUERO

clavero e vaqueroNOITE DE HUMOR CON CLAVERO E VAQUERO
Etiqueta Negra


DÍA: Venres 11 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Monólogos cómicos
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: +14
ENTRADA: 10,00 (venda anticipada no Dpto de Cultura do Concello da Estrada e na web www.ataquilla.com)


SINOPSE:Dous dos grandes monologuistas españois, Álex Clavero (Rock FM, El Hormiguero) e J.J.Vaquero (El Hormiguero, El club de la Comedia) chegan a Galicia para presentar o seu espectáculo Nunca llueve a gusto de todos.

Este espectáculo tenta demostrar, en clave de humor, que as dúas caras dunha mesma moeda non teñen necesariamente que coincidir en nada. Un espectáculo que asegura unha gargallada cada 10 segundos.

 

 

 

Día 12 ás 20.30 h -MOSTRA DE CORAIS, FECOGA

Mostra de corais polifónicas


mostra coraisDÍA: Sábado 12 de outubro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música coral
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde con retirada previa no departamento de Cultura

 

SINOPSE: A Federación Galega de Corais Galegas (Fecoga), en colaboración coa Coral Polifónica Estradense, oraganiza un concerto de música coral no que participarán, ademais da agrupación estradense, as corais polifónicas de...

 

 

 

Día 19 ás 20.30 h -NOITE DE ZARZUELA, CORO LICEO DE VILAGARCÍA

Noite de zarzuela
Coro Liceo de Vilagarcía


coro liceo vilagarciaDÍA: Sábado 19 de outubro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Zarzuela
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5,00€


SINOPSE: Noite de zarzuela inclúe unha selección dos fragmentos máis coñecidos deste xénero musical, acompañada dunha vistosa posta en escena. Os actores estarán acompañados pola banda de cámara Arousa. A agrupación coral está liderada polo tenor José Luis Prado, as sopranos Tamara Casas e Loli Crespo e o barítono Julio Cores con arranxos e dirección de Santiago Fontes.A presentación corre a cargo de Gonzalo Valcárcel e Diego Rubianes.

 

 

 

Día 19 ás 21.00 h -CONCERTO DE OUTONO DE CORAIS (Igrexa de Berres)

CONCERTO DE OUTONO DE CORAIS

concerto coraisCorais polifónicas de Chantada, Taboada e Berres

 

DÍA: Sábado 19 de outubro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Igrexa de Berres
XÉNERO: Música coral
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde

 

SINOPSE:Un outono máis a Coral Polifónica de Berres organiza o seu tradicional certame de corais acompañada pola Coral Polifónica de Taboada (Lugo) e a Coral Polifónica de Chantada.

 

 

 

Día 20 ás 20.00 h -OS OLLOS DE MISS MARGARETT, REBULIR

Os ollos de Miss Margaret
Rebulir


Os Ollos de Miss MargaretDÍA: Domingo 20 de outubro
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical tradicional
DURACIÓN: 90 min?
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5,00€


SINOPSE: O colectivo Rebulir e a compañía ARunRun, en colaboración co grupo de teatro do concello de Vilamarín traen ao Principal o espectáculo Os Ollos de Miss Margaret. A montaxe mestura o baile e a música tradicional con recursos escénicos e teatrais, implicando a preto de 70 persoas sobre o escenario.

 

 

 

Día 25 ás 21.00 h -TALLER DE CORAZONES, MUSICAL DE NAÍM THOMAS (O.T.)

TALLER DE CORAZONES
Espiral Mágica


Taller corazonesDÍA: Venres 25 de outubro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical
DURACIÓN: 70 min
CATALOGACIÓN: +12
LINGUA: Castelán


SINOPSE: Interpretado por Anabel García e Naim Thomas (O.T), o musical Taller de corazones, estreado no Teatro Luchana de Madrid o mes pasado, narra unha historia na que se tratan temas como o paso do tempo, o amor e as relacións. Para iso trasládanos a un mundo fantástico onde existen os talleres nos que se reparan os corazóns danados. Un musical íntimo e emotivo no que dous actores, un piano e un violonchelo tentarán arrebatarche a alma.

 

 

 

Día 26 ás 22.00 h -ARIZONA BABY EN CONCERTO

ARIZONA BABY EN CONCERTO

 

ArizonaBabyDÍA: Sábado 26 de outubro
HORA: 22.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Folk-rock
DURACIÓN: 95 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 8,00 (Departamento de Cultura do Concello e www.wegou.com)


SINOPSE: Despois dunha década de traxectoria onde os seus concertos se contan por cheos e polo recoñecemento da crítica especializada, Arizona Baby presenta en directo as cancións de exitosos albums como Second to none, Secret fires ou Sonora. Cancións que os sitúan como máximo exponente do indie-rock acústico xirando por países como México, Alemaña, USA ou Reino Unido. Para abrir boca, o dúo estradense EL Búho (Héctor Martínez e Rubén Abel) tocará en acústico varios temas do seu primeiro traballo discográfico.

 

 

 

NOVEMBRO

 

Día 08 ás 21.00 h -XAMÓN, XAMÓN, TIRINAUTAS

Día 09 ás 20.30 h -CERTAME XX ANIVERSARIO DA CORAL POLIFÓNICA DE BERRES

Día 16 ás 20.30 h -CONCERTO DE STA CECILIA, BANDA CULTURAL DA ESTRADA

Día 17 ás 18.00 h -LUME NA LAREIRA

Día 22 ás 21.00 h -CASA O REI, IBUPROFENO TEATRO

Día 23 ás 20.30 h -CONCERTO DE STA CECILIA, BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA

Día 29 ás 20.00 h -FESTA DA POESÍA

Día 30 ás 12.30 h -A HISTORIA DE BRANCAFLOR, OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN

 

 

 

DECEMBRO

 

Día 01 ás 20.00 h -VACAS, GUERRAS, PORCOS, QUICO CADAVAL

Día 14 ás 20.30 h -CONCERTO DE CORAIS DE NADAL

 

 

 

OMM Carlos BarrusoDía 20 ás 21.00 h -CONCERTO DO OBRADOIRO DE MÚSICA MODERNA CARLOS BARRUSO

Concerto de presentación do obradoiro de música moderna Carlos Barruso


DÍA: Venres 20 de decembro
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Jazz, funky
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos


SINOPSE: O recén creado obradoiro de música moderna Carlos Barruso, implantado en recoñecemento ao mestre estradense, fará, en formato combo, un percorrido por estándares do jazz, o blues e o funky.

 

 

 

Día 21 ás 20.30 h -CONCERTO DE FIN DE ANO

Día 22 ás 17.30 h -ENCONTRO DE COROS PARROQUIAIS (Igrexa de San Paio)

Día 26 ás 12.30 h -A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA ISO NA CABEZA, A XANELA DO MAXÍN

Día 27 ás 12.30 h -ANIMAIS DE COMPAÑÍA, TEATRO DO NOROESTE

Día 28 ás 12.30 h -A GALIÑA AZUL, TANXARINA TÍTERES

Día 28 ás 20.30 h -GALA NADAL DO TELECLUB DA COMEDIA

Día 30 ás 12.30 h -FÍOS, BAOBAB TEATRO

 

 

 

EXPOSICIÓNS SALA ABANCA

 

Do 16 ao 22 setembro: EXPO FOTOGRÁFICA, ANTÍA EXPÓSITO

 

 

 bisturi exposicion

Do 01 ao 13 outubro: EXPO PINTURA BISTURÍ E COMEZOS, GAXDALY AMEIJEIRAS

 

O martes día 1, inaugurarase na sala Abanca a exposición de pintura de Gaxdaly Ameijeiras Bisturí e comezos. Poderá visitarse ata o 13 de outubro de luns a venres entre as 18.00 e 21.00 h e os sábados entre 11.00 e 13.00 h.

 

A temática da exposición xira arredor do simbolismo da palabra bisturí, relacionada co corte taxante da vida que dá lugar a feridas abertas que van curando con novos comezos.

 

 

 

 

exposicion gandaseguiDo 18 outubro ao 2 novembro: EXPO PINTURA A MULLER E OS ELEMENTOS, MARÍA GANDÁSEGUI

 

 

O venres 18 ás 20.00 h inaugurarase a exposición de María Gandásegui  A MULLER E OS ELEMENTOS. Unha exposición que abrirá as súas portas na sala Abanca ata o vindeiro 3 de novembro de 19.30 h a 21.30 h durante a semana, os sábados de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h e os domingos de 12.00 h a 14.00 h.

 

 

 

 

 

Do 18 ao 30 novembro: EXPO PINTURA MANCHAS DE CORES, ESTUDIO DENOVENDIANTE

 

Do 02 ao 08 decembro: EXPO PINTURA CORES CON PALABRAS, ASOCIACIÓN GALEGA DAS ARTES

 

 

programac outono2019PEQ 

 * Prema sobre a imaxe para ampliala.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1