TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA
Marzo
- 5 de marzo - Nina Ninette, Cía Traspediante
NINA NINETTE
Cía Traspediante
DÍA: Venres 5 de marzo
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Danza contemporánea
CATALOGACIÓN: Familiar
DURACIÓN: 55 min
ENTRADA: De balde previa retirada de convites no dpto de Cultura. (Entrada reducida)
SINOPSE: Nina Ninette é un espectáculo de danza contemporánea para público infantil e familiar enmarcado na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922) onde a figura dunha Cincenta actual (Nina) representa a nena oprimida que loita para transformar a súa realidade familiar, escolar... converténdose nunha heroína por méritos propios e sen necesidade de atopar un príncipe nin ser princesa.
- 13 de marzo - Celestina, la tragiclowmedia, La Escalera de Tijera (Cáceres)
LA CELESTINA. LA TRAGICLOWMEDIA.
La Escalera de Tijera (Cáceres)
DÍA: Sábado 13 de marzo
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Comedia clown
CATALOGACIÓN: +14
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5,00€ (Capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Esta irreverente proposta escénica de La Escalera de Tijera mestura circo, teatro e clow nun marabilloso xogo de intuición escénica. O destino de Calisto e Melibea contado cunha sorte de acrobacias, malabares e expresión corporal tan dinámicas como imaxinativas.
Escenas eróticas, mortes absurdas, números de maxia... a montaxe mestura un sinfín de recursos sen concederlle ao espectador un só momento de respiro. Marabilloso espectáculo!
- 20 de marzo - Mestre ma non troppo, Bandullo Azul
MESTRE MA NON TROPPO
Bandullo Azul
DÍA: Sábado 20 de marzo
HORA: 18.30 h
XÉNERO: Teatro musical, clown
CATALOGACIÓN: Familiar (+3 anos)
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: 3,00€ (capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Na sociedade dos "talent show", esta comedia triste rompe unha lanza por aqueles xoguetes rotos que nunca gañaron o corazón do público, que nunca acadaron ese oco na Gran Final e aos que a vida ou o Risto de turno nunca lles concederon unha ocasión para a repesca.
Interpretada por Fran Campos e dirixida e escrita por Fran Ameixeiras, Mestre ma non troppo convida ao espectador, de volta á casa, a reflexionar sobre a súa propia actuación e sobre as súas metas.
- 26 de marzo - Fabiolo Connection, Rafa Maza (Madrid)
FABIOLO, CONNECTION
Rafa Maza (Madrid)
DÍA: Venres 26 de marzo
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Comedia
CATALOGACIÓN: +14
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 5,00€ (Capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Fabiolo Connection é unha comedia que agocha un cabaré repleto de glamour, elegancia e gargalladas. Conta como protagonista absoluto un "pijo" que relata o que ocorre ao seu redor mediante unha inmensa dose de mordente e frivolidade. Así, e durante setenta e cinco minutos surrealistas, historias sobre a actualidade vanse dando a man mentres van aparecendo xogos malabares, variopintos individuos e algunha que outra imitación mordaz de personaxes populares.
En definitiva, este é un show ideal para esquecerse das penas e, de paso, facernos pensar acerca de certas cosas que nos rodean e que non están demasiado ben, como o abuso da tecnoloxía... «tííío»…
Abril
- 10 de abril - MiraMiró, Baal Dansa (Mallorca)
MIRAMIRÓ
Baal Dansa (Mallorca)
DÍA: Sábado 10 de abril
HORA: 18.30 h
XÉNERO: Danza contemporánea
CATALOGACIÓN:Familiar 4-12 anos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 3,00€ (Capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Miramiró é unha viaxe á obra de Joan Miró. Un proxecto multidisciplinar de arte, onde o debuxo, o movemento, a danza, a cor e as videoproxeccións se dan a man para crear un espectáculo cheo de orixinalidade, beleza e valor pedagóxico. As cores rechamantes, o poder da música e as formas xeométricas estimulan a fantasía transportándonos a un cosmos ou universo imaxinario cheo de sorpresas e onde todo semella posible.
MiraMiró acadou o ‘Premio Especial al Mejor Espectáculo’ outorgado pola ‘Asociación de Teatros e Auditorios’ das Illas Baleares e, despois de 40 funcións por toda a xeografía española, acaba de saltar o charco para participar no ‘Festival Internacional de Danza Prisma’ de Panamá.
- 16 de abril - Relatos negros, Manuel Manquiña
MANUEL MANQUIÑA
Relatos negros
DÍA: Venres 16 de abril
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Comedia teatral
CATALOGACIÓN: +14
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 3,00€ (venda anticipada no Dpto. Cultura)
SINOPSE: Relatos negros é unha divertida obra teatral sobre unha das fascinacións do home: o asasinato. Todas as persoas teñen un entretemento, algo co que encher o seu tempo e a Manquiña o que lle gusta é coleccionar historias truculentas sobre crimes, nunha exhibición maxistral de humor negro.
- 23, 24, 25 de abril - Festival de Danza Contemporánea
- 30 de abril - O mel non caduca, Ibuprofeno Teatro
O MEL NON CADUCA
Ibuprofeno Teatro
DÍA: Venres 30 de abril
HORA: 20.30 h
XÉNERO: Teatro contemporáneo
CATALOGACIÓN: +14 anos
DURACIÓN: 75 min
ENTRADA: 5,00€ (Capacidade da sala reducida)
SINOPSE: Marián Bañobre e Avelino González dan vida a este texto de Santiago Cortegoso. Un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.
Maio
- 08 de maio - The show Moscón, Galitoon
- 16 de maio - Coral Polifónica Estradense, Concerto do Salmón
- 21 de maio - Liberto, Rebordelos
- 28 de maio - Sobre os males que fai o tabaco, EMAE
* Prema sobre a imaxe para ampliala.