Programación cultural de primavera 2019

21 Febreiro 2019

FEBREIRO

 

Sábado 23 (22.00 h): Concerto da Banda da Loba

 

A BANDA DA LOBA


DÍA: 23
HORA: 22.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Pop galego
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 5.00 € (entrada anticipada en Cultura e no Café Bar Boliche)

Despois de xirar por numerosas vilas galegas, traerán ao Principal as cancións do CD “Bailando as rúas”. Un concerto que conta coa participación das estradenses Andrea e Marcela Porto e que servirá para abrir a programación de primavera do Concello da Estrada.

ABDL

 

 

 

MARZO

 

cartel bernarda2019Venres 1 (21.00 h): Bernarda, Malasombra Producións

 

BERNARDA
Malasombra Producións


DÍA: Venres 1 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Drama
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: Adultos
ENTRADA: 5.00 € (entrada anticipada en Cultura)

 

SINOPSE: Bernarda, ao quedaren viúva, intenta que todo siga sendo igual que sempre, e que as “malas” influencias dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen a afectar ás súas fillas.

 

Bernarda non entende a música yeyé, nin as minifaldas, nin ningunha das novas modas da xuventude da época. A súa intención é que mentres viva, nada cambie. A peza fai unha relectura da Casa de Bernarda Alba con algunha das mellores actrices da escena galega.

 

 

 

 

 

susana seivane2019Venres 8 (22.00 h): Susana Seivane en concerto

 

SUSANA SEIVANE


DÍA: Venres 8 de marzo
HORA: 22.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música folk
DURACIÓN: 80 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 7.00 € (entrada anticipada en Cultura e Café Bar Boliche) 12,00€ (billeteira)

SINOPSE: Susana Seivane inicia unha xira por varias localidades galegas con motivo do seu vinte aniversario.

Con esta xira, Seivane quere celebrar unha traxectoria, que a levou a visitar máis de 20 países e dar máis de 1.000 concertos arredor de todo o mundo.

O repertorio estará formado polos seus grandes clásicos, ao mesmo tempo que lle dedicará un espazo ao seus disco máis recente, “Fa”.

 

 

 

 

Venres 15 (21.00 h): Dúas portas e un segredo, Disfunción Continua

 

disfuncion continua2019DÚAS PORTAS E UN SEGREDO
Disfunción Continua


DÍA: Venres 15 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 3.00 € (entrada anticipada en Cultura)

SINOPSE: A compañía estradense Disfunción Continua volve ao Principal coa comedia Dúas portas e un segredo, unha comedia de humor negro dirixida por Jouse García e interpretada por Rosa López, Sara Andújar, Bea del Río, Natalia Carbajal, Manuel Rosende, Alejandro Picallo, Clara Iglesias e María Porto.

 

 

 

 

Sábado 16 (20.00 h): Ebook, las edades del libro, Spasmo Teatro

 

ebookEBOOK, LAS EDADES DEL LIBRO
Spasmo Teatro


DÍA: Sábado 16 de marzo
HORA: 20.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia xestual
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: A partir de 5 anos
ENTRADA: 5.00 € (anticipada no departamento de Cultura) / 6.00 € (billeteira)

SINOPSE: Nesta montaxe, Spasmo Teatro realizada un percorrido fascinante e disparatado, en clave de humor xestual, pola historia da literatura, dende a época das cavernas ata a aparición dos novos inventos tecnolóxicos.

Unha montaxe educativa que adentrará a grandes e pequenos no mundo do coñecemento pero dun xeito divertido.

 

 

 

 

carlos barruso 2019Venres 22 (21.00 h): Concerto Carlos Barruso e amigos

 

CARLOS BARRUSO E AMIGOS
Concerto fin de vida

DÍA: Venres 22 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Jazz
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DONATIVO: 3.00 € (entrada anticipada en Cultura, Café Boliche e a Esquina de César)

 

SINOPSE: Aínda que naceu en Valladolid, Carlos Barruso é un estradense de adopción, vila na que exerceu o seu labor profesional en grupos como Canadá, Canajazz ou Carlos Barruso Cuarteto.

 

Músico dun talento excepcional, Carlos ofrecerá, quizais, o concerto máis especial da súa vida. Un concerto no que estará acompañado por parte dos músicos e amigos que participaron nos seus proxectos musicais. Unha oportunidade única para gozar dun artista irrepetible.

 

 

 

 

 

Venres 29 (21.00 h): A primeira vez, Talía Teatro (estrea)

 

a primeira vezA PRIMEIRA VEZ
Talía Teatro


DÍA: Venres 29 de marzo
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: Adultos
ENTRADA: 5.00 € (entrada anticipada en Cultura)

 

SINOPSE: María Ordóñez e Toño Casais, dirixidos por Artur Trillo, dan vida a dous personaxes enfrontados á súa primeira relación sexual. Unha relación na que ela oficia de directora e guionista da historia, planeando o encontro perfecto, e na que el se converterá no seu fiel actor.

 

Talía Teatro estreará na Estrada un dos textos referenciais do polaco Michal Walzak, unha das mellores comedias absurdas dos últimos anos no teatro europeo.

 

 

 

 

Sábado 30 (20.30 h) Concerto de solistas da Banda Municipal da Estrada

 

concerto solistas2019CONCERTO DE SOLISTAS
Banda Municipal da Estrada

DÍA: Sábado 30 de marzo
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música de banda
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: Con invitación (recollida previa no departamento de Cultura)

 

SINOPSE: A Banda Municipal organiza o seu tradicional concerto de solistas. Baixo a dirección de Xabier Comesaña participarán, no grao profesional, as clarinetistas Belén Troitiño e Paula Fandiño, ademais do trombonista Brais Loureiro.

No grao superior intervirán or irmáns Luis Vinseiro e Carlos Vinseiro; o primeiro tocando a trompa e o segundo a percusión.

 

 

 

 

 

ABRIL

 

Luis Boyano

Venres 5 (21.00 h): Grandes ilusións, Luis Boyano

 

MAXIA CON LUIS BOYANO
Grandes ilusións

 

DÍA: Venres 05 de abril
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Maxia gran formato
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 8,00€ (anticipada) / 10,00€ (recollida previa no departamento de Cultura)

 

SINOPSE: O Premio nacional de maxia e Premio mundial na especialidade de mentalismo, Luis Boyano, chega ao Teatro Principal despois de ter triunfado na grella televisiva ao lado de Antonio Lobato no programa Desafía tu mente.

 

Maxia participativa, humor e efectos sorprendentes son algúns dos ingredientes de un dos mellores magos do panorama nacional. Un espectáculo para gozar en familia.

 

 

 

 

 

Sábado 6 (18.00 h): Euria, Markeliñe

 

EURIAEURIA
Markeliñe (País Vasco)
Premio FETEN 2017 al Mejor Espectáculo
Premio "Cornel Todea" FITC 2018. Bucharest, Rumanía


DÍA: Sábado 06 de abril
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro danza
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: + 5 anos
ENTRADA: 3,00€ (recollida previa no departamento de Cultura)

 

SINOPSE: Euria (chuvia) fala do que nos pasa cando algo ou alguén a quen queremos xa non está. E de todo ese fastidioso tempo que necesitamos para entender e aceptar que algo cambiou.

Euria está feito con gotas de auga, un paraugas colorado, unha caixa de ferramentas, bágoas gardadas nos caixóns, catro acrobacias, outro paraugas abandonado e roto, xestos belos nunha canción triste, un ferro de pasar tolo, un espertador de lembranzas, unha fiestra e un sol debuxado.

E, mesturándoo todo de maneira máxica, semella que falamos, ao final, da nosa capacidade de superación.

 

 

 

 

Venres 12 (21.00 h): Un leñador no es un diseñador, Juan Cállate

 

UN LEÑADOR NO ES UN DISEÑADOR
un leñadorJoan Strader


DÍA: Venres 12 de abril
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro absurdo
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: +12
ENTRADA: 5,00€ (recollida previa no departamento de Cultura)

SINOPSE: Non é unha obra teatral, non é unha conferencia, non é un monólogo, non é unha exposición, pero ten un chisco de todo iso… e algo máis.

Un leñador no es un diseñador é unha disfunción creativa onde Joan Estrader coa súa peculiar visión absurda e delirante, reflexiona sobre o mundo da creatividade e do deseño para amosarnos que a necesidade e a curiosidade poden desembocar en ideas creativas, suxerentes, orixinais e humorísticas.

 

 

 

 

Sábado 13 (18.00 h): Facendo o indio, Galitoon

 

FACENDO O INDIO
facendo o indioGalitoon Producións


DÍA: 13 de abril
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro xestual infantil
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: +3
ENTRADA: 3,00€ (recollida previa no departamento de Cultura ou no despacho de billetes do teatro)

 

SINOPSE: Galitoon recupera con Facendo o Indio, a sua particular visión do teatro de humor xestual, chea de música, de situacións absurdas, de interacción directa co público, e por suposto, co seu característico manexo dos monicreques.

O espectáculo conta, nesta divertida e tola proposta, todo o que non debes facer se es un indio americano.

 

 

 

 

 

MAIO

Mércores 1 (13.00 h): Concerto da Unión de Músicos Veteranos da Estrada

 

concerto veteranosCONCERTO DA UNIÓN DE MÚSICOS VETERANOS DA ESTRADA


DÍA: 01 de maio
HORA: 13.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música de banda
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: Con invitación (recollida previa no departamento de Cultura ou no despacho de billetes do teatro)

 

SINOPSE: Este concerto está interpretado por unha trintena de músicos veteranos que pertenceron a distintas formacións estradenses e que se reúnen, baixo a batuta de Simón Couceiro, para celebrar unha xuntanza de confraternidade cun concerto aberto aos amantes do xénero bandístico na vila.

 

 

 

Venres 3 (21.00 h): Gag movie, Producciones Yllana

 

Gag MovieGAG MOVIE
Yllana Producciones (Madrid)


DÍA: Venres 03 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia xestual
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: +12
ENTRADA: Con invitación (recollida previa no departamento de Cultura ou no despacho de billetes do teatro)

 

SINOPSE: Filmar unha película nunca é tarefa fácil e menos cando a actriz principal é unha diva insoportable, o director un perfeccionista obsesivo, o produtor un mafioso avarento e o actor principal foi substituído polo sobriño do produtor malia carecer de ningún talento interpretativo.

Yllana adéntrase esta vez na disparatada rodaxe dunha película, e fai unha divertidísima sátira sobre a fama, a imaxe e a sétima arte. Cámara, acción e risas!

 

 

 

 

AladinoSábado 4 (18.00 h): O musical de Aladín e a lámpada marabillosa, Avento Teatro

 

ALADÍN E A LÁMPADA MARABILLOSA, O MUSICAL
Avento Producións


DÍA: Sábado 04 de maio
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Musical infantil
DURACIÓN: 70 min
CATALOGACIÓN: + 4 anos
ENTRADA: 6,00 (recollida previa no departamento de Cultura ou en Tikodoco)

 

SINOPSE: Aladino é un rapaz que traballa para os mercaderes de Agrabah co fin de conseguir unhas moedas coas que mercar algo de comer.

 

Jafar, o malvado visir real, enganarao para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas. Mentres no palacio, o sultán trata de atopar un príncipe co que casar a súa filla sen que esta dea o seu consentimento.

 

 

 

 

CARTEL ANIVERSARIO garcia barrosDomingo 5 (19.30 h): Contiños da terra, Escola Municipal de Artes Escénicas

 

CONTIÑOS DA TERRA
Escola Municipal de Artes Escénicas


DÍA: Domingo 5 de maio
HORA: 19.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde con recollida previa no departamento de Cultura

 

SINOPSE: A unidade de produción da Escola Municipal de Artes Escénicas apoiada na adaptación que o dramaturgo Santiago Cortegoso fixo de varios relatos de Os Contiños da Terra de Manuel García Barros, pon en escena unha montaxe dirixida polo propio Cortegoso e interpretada por Chelo do Rejo, Fran Campos e Gonzalo Valcárcel.

 

A montaxe, ao xeito que facía a comedia grecolatina ou a francesa do século XVII no seu contexto sociolóxico, satiriza tipos e costumes da sociedade da Galicia de primeiros do século XX

 

 

 

 

Venres 10 (21.00 h): Elisa e Marcela, A Panadería Teatro

 

Elisa e MarcelaELISA E MARCELA
A Panadaría Teatro

Mellor espectáculo, mellor dirección, mellor texto orixinal e mellor actriz protagonista nos Premios María Casares 2018

DÍA: Venres 10 de maio
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Comedia
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: +12 anos
ENTRADA:5,00€ (venda anticipada no Concello da Estrada)

SINOPSE: Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.

As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Una comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

 

 

 

 

Sábado 11 (20.30 h): Concerto de primavera da Banda Municipal da Estrada

 

CONCERTO DE PRIMAVERA
concerto primaveraBanda Municipal da Estrada


DÍA: Sábado 11 de maio
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Música de banda
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA:De balde (con recollida de convites previa no dpto. de Cultura do Concello)

SINOPSE: A Banda Municipal da Estrada ofrecerá o seu tradicional concerto de primavera, baixo a dirección de Xavier Comesaña. Un concerto no que a agrupación interpretará o seu novo repertorio de verán e no que presentará en sociedade aos seus novos compoñentes.

 

 

 

 

Xoves 16 (22.00 h): Festa anos 80 con Teo Cardalda (Zoma dos Viños)

Venres 17 (22.00 h) Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre (Praza do Concello)

Domingo 19 (19.30 h): Concerto do Salmón a cargo da Coral Polifónica Estradense

Cartel Primavera 2019

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1