Programación Outono no Principal

 

SETEMBRO


- Venres 28 ás 20.00 h: A casa do terror, Xan Curiel (Praza do Concello) / CONCERTO INFANTIL

 

Cartel Casa do Terror

A CASA DO TERROR

Xoán Curiel + A Banda Son + d2

DÍA: Venres 28
HORA: 19.00 h
LUGAR: Alameda municipal (en caso de chuvia no Teatro)
XÉNERO: Concerto pop
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Público infantil (6-12 anos)
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde

 

SINOPSE: A casa do terror é un libro disco editado por Galaxia que se transformou, da man do programa de dinamización lingüística Fala Redes, nun espectáculo terrorificamente divertido. Conta a historia dun grupo de amigos que se ve obrigado a pasar a noite nun castelo encantado. Unha historia chea de risos e sustos que se desenvolve a través de cancións, bandas, xogos de clown e teatralizacións nas que os máis cativos participan activamente.

 

 

 

- Domingo 30 ás 18.00 h: Mar adiante, Odaiko PERCUSIÓN FAMILIAR

 

mar adiante A Estrada

MAR ADIANTE


Odaiko

DÍA: Domingo 30
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Títeres, ritmo e percusión
DURACIÓN: 55 min
CATALOGACIÓN: Familiar
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde (recollida de convites no Departamento de Cultura)

Este espectáculo, incluído no programa Ano da lingua da Deputación de Pontevedra, súmase ás celebracións das Letras Galegas facendo unha adaptación teatral do libro de M.ª Victoria Moreno Mar adiante.

Un espectáculo que mestura cantigas e música, danza e marionetas nunha singular travesía na que navegaremos rumbo á Illa dos paxaros. Os arroaces, o vento do norte, as mareas e as estrelas son protagonistas nesta historia que recrea o conto de Crarisca e Luceiro.

 

 

 

 

OUTUBRO


- Venres 5 ás 21.00 h: Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos, Matriohska Teatro TEATRO ADULTOS

 

Matriohskas Teatro

SEÑORA QUE PASEA POLA RÚA CON DOUS CANS PRECIOSOS

Matriohska Teatro

DÍA: Venres 5
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Teatro contemporáneo
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Adultos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00 € (Entrada anticipada no Departamento de Cultura)

SINOPSE: Chelo do Rejo, Anabell Gago e Lorena Conde fan nesta montaxe un percorrido pola vida e obra de María Victoria Moreno Márquez, escritora comprometida, mestra apaixonada, e pioneira da literatura infantil e xuvenil en lingua galega.

Señora que pasea pola rúa con dous cans preciosos revela estados de ánimo, universos de imaxes e letras, de mulleres que viaxan a contracorrente e de accións e camiños por camiñar.

 

 

 

- Sábado 6 ás 17.00 h: Os tres porquiños, Educa Teatro MUSICAL INFANTIL

 

Cartel A ESTRADA porquinos

OS TRES PORQUIÑOS

Educa Teatro

DÍA: Sábado 6
HORA: 17.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical infantil
DURACIÓN: 50 min
CATALOGACIÓN: Público familiar
LINGUA: Galego
ENTRADA: 6,00 € (Entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco)

Como serían os tres porquiños e o lobo feroz hoxe en día? Onde poderían atopar un lugar seguro e limpo, lonxe das grandes fábricas, no que poder construír as súas casiñas? Que ritmos musicais empregarían para se presentar?

A resposta a todos estes interrogantes, coma todo, está nos libros, e tamén na historia que vai construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na procura dos seus porquiños preferidos.

 

 

 

- Domingo 21 ás 19.00 h: Plan Siberia en concerto CONCERTO INDIE

 

plan si en el principal peq

 

PLAN SIBERIA EN CONCERTO

DÍA: Domingo 21
HORA: 19.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto indie
DURACIÓN: 75 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00€ (entrada anticipada no Departamento de Cultura e no Café Bar Boliche)

Gañador por segundo ano da Canción do verán da TVG, Gabriel Estrada, fundador e compoñente de Plan Siberia, presentará no Teatro Principal as cancións do seu novo traballo discográfico, un traballo composto por cancións, frescas, pegadizas e de estilo indie.

 

 

 

 

- Sábado 27 ás 21.00 h: La Zanja, Titzina Teatre, TEATRO ADULTOS

 

LaZanjapeqLA ZANJA
Titzina Teatre (Barcelona)

DÍA: Sábado 27
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Teatro contemporáneo
CATALOGACIÓN: Público adulto
DURACIÓN: 90 min
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 5,00 € (entrada anticipada no Departamento de Cultura)

La zanja, é a quinta proposta dos creadores cataláns Pako Merino e Diego Lorca. Nesta ocasión, os actores utilizan unha historia actual (o poder corruptor do ouro) para trasladarnos a un momento histórico que formula temas esenciais como a condición humana e as súas diferentes formas de entender o progreso e que consegue crear un universo poético que seduce e emociona.

En opinión do público e da crítica especializada La Zanja é un dos mellores espectáculos do ano en España. Imprescindible!

 

 

 


NOVEMBRO


- Sábado 3 ás 18.00 h: MONSTER ROCK, o musical, Sketch Eventos TEATRO ADULTOS

 

monster rock

 

MONSTER ROCK, O MUSICAL DE HALLOWEEN
Cía Telón Corto


DÍA: Sábado 3
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical de halloween
CATALOGACIÓN: Público familiar (debe ir disfrazado)
DURACIÓN: 90 min
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 8,00€ (entrada anticipada en Cultura, Tiko Doco e Ticketea) 10.00 € (en billeteira)

O tren procedente de Monster Rock acaba de facer a súa entrada na plataforma do teatro... O Home Invisible, Frank, Lobo, Vampi, o Profesor Hyde, Momi e Ghost están citados no vello Castelo da Roca para solucionar un grave problema: Os monstros teñen medo. Xuntos buscarán a clave para vencer o medo á escuridade e para iso necesitarán a axuda de todos os cativos… Ven ao teatro disfrazado de Halloween e pásao de medo!

 

 

- Venres 9 ás 21.00 h: Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas, LUIS PIEDRAHITA MONÓLOGO CÓMICO

 

piedrahita web

LUIS PIEDRAHITA NO PRINCIPAL

ESPECTÁCULO: Las amígdalas de mis amígdala son mis amígdalas
DÍA: 9 de novembro
HORA: 21.00 h
DURACIÓN: 80 min
XÉNERO: Monólogo cómico
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 15,00 (patio de butacas) 12.00 h (palco) Á venda no Departamento de Cultura do Concello ou na web ataquilla.com

Como aconsella o slogan publicitario do evento, se quere ver o espectáculo, mellor chegar mexado da casa. Las amígdalas de mis amígdalas é un shown no que o espectador poderá exorcizar as súas miserias cotiás a mandíbula desencaixada. Rindo sen parar coas xenialidades deste mago-cómico-escritor que nos demostra o saudable que resulta rirse dun mesmo. E todo isto cun texto intelixente que reinvindica a imaxinación e o humor máis cercano á poesía. Un espectáculo imprescindible!

 

 

- Sábado 17 ás 21.00 h: Concerto de LEILÍA CONCERTO MÚSICA TRADICIONAL

 a estrada leilia low

LEILÍA, EN CONCERTO

Consentimento

DÍA: Sábado 17
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Concerto de folk tradicional
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde (retirada previa de invitacións no departamento de Cultura)

 

Enmarcado no programa Musigal da Deputación de Pontevedra, chega á Estrada o quinto traballo de Leilía. Un traballo que rende unha homenaxe a todas as mulleres que colaboraron e colaboran na conservación e tansmisión da tradición oral galega.

Consentimento é un disco con vocación acústica, no que a guitarra, o acordeón, o contrabaixo e a gaita reflicten á perfección a beleza do canto tradicional e os versos de poetisas como Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez ou Marilar Aleixandre.

O deseño do espectáculo corre por conta de Quico Cadaval, un dos grandes profesionais da escena galega. Sen lugar a dúbidas, un dos mellores traballos discográficos do ano en Galicia.

 

 

- Domingo 18 ás 18.00 h: Festival Lume na Lareira, FESTIVAL FOLK

 lume na lareira

FESTIVAL LUME NA LAREIRA

DÍA: Domingo 18
HORA: 18.00 h
XÉNERO: Festival de música tradicional
DURACIÓN: 150 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego
ENTRADA: 5,00 € (venda anticipada no Dep. de Cultura, no Café bar Invictus e no Mesón da Estrada)

 

Este festival estradense de música tradicional chega este ano á súa décimo primeira edición, unha edición que coma vén sendo habitual reunirá a unha ampla representación de grupos folclóricos, tales como os alumnos da Escola de Poio, Tequexetéldere, Os da Pereiriña ou As da Concertina Ricardo Ferreira de Portugal.

Haberá, ademais, unha colaboración teatral por parte do Padre Xiao, e un peche de festa a cargo da agrupación Lume na Lareira.

 

 

 

 

- Venres 23 ás 21.00 h: Contos de medo, Lois Pérez MONÓLOGO CÓMICO

 

contos medoLOIS PÉREZ

Contos de medo

DÍA: Venres 23
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Narración oral
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: +12
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde

O narrador oral Lois Pérez centrará a súa contada nas lendas de medo da tradición oral. Nas historias do narrador lugués conflúen a tradición oral, o humor, a poesía e as máis altas e baixas paixóns humanas. Un dos grandes achados da narrativa oral galega dos últimos anos.

 

 

- Sábado 24 ás 20.30 h: Concerto de Sta Cecilia da Banda Municipal da Estrada

 

banda municipalCONCERTO DE STA CECILIA - BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA

DÍA: Sábado 24
HORA: 20.30 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Música clásica e popular
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde (con retirada previa de invitacións)

Coma todos os anos, a Banda Municipal da Estrada, dirixida por Xabier Comesanha, rende homenaxe á súa patroa, nun concerto cun repertorio pedagóxico e heteroxéneo no que se mesturarán obras de carácter sinfónico con outras de estilo popular.

Impresións galegas de Enrique Saavedra ou a 2ª suite de Alfred Ritz son algunhas das obras que soarán no Principal.

 

 

 

- Domingo 25 ás 18.30 h: Concerto de Sta Cecilia da Banda Cultural da Estrada

 

 banda culturalCONCERTO DE STA CECILIA - BANDA CULTURAL DA ESTRADA

DÍA: Domingo 25
HORA: 18.30 h
XÉNERO: Bandístico
DURACIÓN: 60 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: De balde (con retirada previa de invitacións)

Tomando o relevo da Banda Municipal, a Banda Cultural da Estrada, dirixida por Ricardo Oliver, celebra a festividade de Sta Cecilia, nun concerto que reunirá a músicos de distintas xeracións da agrupación e unha selección musical procedente do repertorio clásico e popular.

 

 

- Venres 30 ás 20.30 h: Festa da poesía ACTO LITERARIO

 

 

 


DECEMBRO


- Sábado 1 ás 21.00 h: Son galego, son cubano, ROI CASAL CONCERTO FOLK-POP

 

roicasal xira10anosSON GALEGO SON CUBANO


Roi Casal

DÍA: 1 de decembro
HORA: 21.00 h
XÉNERO: Música contemporánea
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
LINGUA: Galego / castelán
ENTRADA: De balde (retirada previa de invitación)

 

Con textos poéticos de Xosé Neira Vilas, e unha mestura de artistas galegos e cubanos sobre o escenario, o arpista, compositor e cantante Roi Casal trae ao Teatro Principal o froito musical do achegamento entre a cultura galega e cubana.

Un concerto con sabor a bolero, a habanera e a conga pero tamén a foliada, a alalás e a pop; un concerto patrocinado polo programa Musigal da Deputación de Pontevedra, que serve para inaugurar os actos cos que o Concello da Estrada festexa o trixésino aniversario do Premio de novela Manuel García Barros. Reserva a túa entrada!

 

 

 

- Domingo 2 ás 18.00 h: NAVILAND, el musical de los Reyes Magos, Sketch Eventos MUSICAL INFANTIL DE NADAL

 

CARTEL NAVILANDNAVILAND, EL MUSICAL DE LOS REYES MAGOS


Sketch Eventos (Madrid)

DÍA: Sábado 2
HORA: 18.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Musical infantil de nadal
CATALOGACIÓN: Espectáculo infantil-familiar
DURACIÓN: 75 min
LINGUA: Castelán
ENTRADA: 10.00€ (entrada anticipada en Cultura e Tiko Doco)

Mony é unha cativa que o ten todo pero non é feliz. Nada lle fai ilusión, por iso este ano decidiu non escribirlles a carta aos Reis Magos. Para recuperar o espírito do nadal, emprenderá unha fantástica viaxe ao lugar no que viven os de Oriente. Nesa viaxe, Mony estará acompañada por unha divertida tropa de personaxes que farán da súa viaxe unha aventura inolvidable.

Un musical entrañable que ningún neno debería perderse e no que, ao remate poderá achegarlles a súa carta aos Reis Magos.

 

 

- Sábado 15 ás 20.30 h: Festival de Nadal de Corais, Igrexa de Berres MÚSICA CORAL

 

Festival corais2018FESTIVAL DE NADAL DE CORAIS

DÍA: Sábado 15
HORA: 20.30 h
LUGAR: Igrexa parroquial de Berres
XÉNERO: Música coral
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 60 min
LINGUA: Galego
ENTRADA: De balde

 

SINOPSE: Achégase o nadal, e con el, a homenaxe que todos os anos a Coral Polifónica de Berres lle rende en forma de panxoliñas e diversos cantos de motivo navideño.

Nesta ocasión, o concerto contará, ademais da agrupación organizadora, coa participación da Coral O Peirao do Freixo (Outes) e a Coral San Simón de Cacheiras.

 

 

- Sábado 15 ás 21.00 h: Encerrona, PEPE VIYUELA HUMOR XESTUAL

 

pepe viyuela encerronaPEPE VIYUELA

 

La encerrona

DÍA: Sábado 15
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal
XÉNERO: Comedia xestual (Clown)
DURACIÓN: 90 min
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
ENTRADA: 10.00 € (entrada anticipada en Cultura) ou www.ticketea.com

 

SINOPSE: Hai un reducido número de espectáculos, que por dereito propio, xa forman parte da nosa historia teatral. Como sinala a crítica especializada, La encerrona é o mellor espectáculo de Pepe Viyuela, un espectáculo de culto, con guitarra e cadeira plegable que o situou no Olimpo dos cómicos españois e que todos deberiamos ver polo menos unha vez na vida. 

Non te perdas a oportunidade de gozar de un dos grandes referentes da comedia contemporánea. Hora e media de continuas gargalladas chea de talento, tenrura e sensibilidade. Un espectáculo cinco estrelas!

 

 

 

- Sábado 22 ás 20.30 h: Concerto de fin de ano, Banda Municipal + Coral Polifónica Estradense MÚSICA CORAL

 

concerto fin de anoCONCERTO DE FIN DE ANO

 

Banda Municipal da Estrada + Coral Polifónica Estradense + Coral Polifónica de Soutomaior

 

DÍA: sábado 22

HORA: 20.30 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Música coral

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde (retirada previa de invitacións)

SINOPSE: Xa é un clásico do nadal estradense. O concerto de fin de ano interpretado pola Coral Polifónica Estradense, unha sección da Banda Municipal da Estrada e a Coral Polifónica de Soutomaior porá o broche musical ao ano 2018 cunha variada selección de fragmentos corais ambientados no nadal.

 

 

- Domingo 23 ás 17.30 h: Encontro de Coros parroquiais, Igrexa parroquial de San Paio MÚSICA CORAL

 

concerto coros parroquiais 2018ENCONTRO DE CORAIS PARROQUIAIS

 

DÍA: domingo 23

HORA: 17.30 h

LUGAR: Igrexa parroquial da Estrada

XÉNERO: Música coral

DURACIÓN: 90 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

ENTRADA: De balde

 

SINOPSE: Outro clásico do nadal estradense. O concerto de noiteboa interpretado por unha ducia de coros pertencentes a distintas parroquias estradenses volverá encher a igrexa parroquial de panxoliñas e cancións recollidas do cancioneiro popular e litúrxico.

 

 

 

 

 

- Mércores 26 ás 12.30 h: Retrete Cabarete, O retrete de Dorian Gray TEATRO INFANTIL CON GLOBOS

 

RETRETE CABARETE

 

Retrete CabareteO Cabaret de Dorian Gray

 

DÍA: mércores 26

HORA: 12.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Monicreques / Teatro con globos

DURACIÓN: 50 min

CATALOGACIÓN: 0-4

LINGUA: Non verbal

ENTRADA: 3,00€

 

SINOPSE: O Retrete de Dorian Gray mestura neste espectáculo varios dos números máis exitosos dos seus 10 anos de vida. Escenas das que os personaxes xorden da manipulación de globos diante do abraio dos cativos.

Música, globos e o virtuosismo interpretativo. Velaí os tres ingredientes que levaron á compañía a percorrer o mundo coa súa proposta escénica.

 

 

- Xoves 27 ás 12.30 h: Baleadas, Cía tresPediante ESPECTÁCULO FAMILIAR EN 3D

 

baleadas cia traspediante danzaBALEADAS

 

Cía Traspediante danza

 

DÍA: Xoves 27

HORA: 12.00 h

XÉNERO: Teatro danza

DURACIÓN: 50 min

CATALOGACIÓN: + 3 anos

LINGUA: Galego

ENTRADA: 3,00€

 

SINOPSE: Marta Alonso, Paula Alonso e Begoña Cuquejo presentan unha das súas propostas máis suxerentes. Un xogo coas baleas, coas cores, e tamén co públido de todas as idades onde danza, plástica, música, palabras e animación bailan e interactúan refacéndose no mesmo espectáculo.

A compañía TrasPediante experimenta coa tecnoloxía creando sorpresas, risa e baleas en anaglifo, inspirándose no poemario Balea2 do poeta Estevo Creus.

 

 

 

- Xoves 27 ás 21.00 h: Gala de Nadal do TELECLUB DA COMEDIA MONÓLOGO CÓMICO

 

Teleclub comediaGALA TELECLUB DA COMEDIA NADAL

 

DÍA: xoves 27

HORA: 21.00 h

LUGAR: Teatro Principal

XÉNERO: Monólogo cómico

DURACIÓN: 75 min

CATALOGACIÓN: +10

LINGUA: Galego

ENTRADA: 5,00€

 

SINOPSE: Despois do éxito da primeira edición, Chelo do Rejo, Fran Campos, O Padre Xiao, Pablo Chichas, As Lerchas, Manolo do Atlético e o Mago Toño, acompañados pola batuta do mestre Carlos Barruso, volverán encher de gargalladas o nadal cos seus monólogos cómicos.

A Stand up comedy en formato estradense!

 

 

 

- Venres 28 ás 12.30 h: Piedra a piedra, El Teatre de l´Home Dibuxait TEATRO INFANTIL DE OBXECTOS

 

pedra a pedraPIEDRA A PIEDRA

 

El Teatre de L´home au Dibuxait (Castellón)

 

DÍA: venres 28

HORA: 12.30 h

XÉNERO: Teatro de obxectos

DURACIÓN: 30 min

CATALOGACIÓN: 2-4 anos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 3,00€

 

SINOPSE: Tras máis de 1.600 representacións por 38 países e 4 continentes. Despois de recibir 16 premios nacionais e internacionais, ademais dunha nominación aos prestixiosos Premios Max, chega á Estrada unha das mellores montaxes dos últimos anos en España.

Piedra a piedra é unha marabillosa proposta que consegue espertar a imaxinación dos máis cativos a partir da manipulación de pedras e restos mariños.

Un espectáculo de visita obrigada!

 

 

 

- Sábado 29 ás 12.30 h: Screen Man, El Teatre de l´Home Dibuxait TEATRO INFANTIL DE OBXECTOS E VIDEO MAPPIN

 

SCREEN MANSCREEN MAN

 

El Teatre de L´home au Dibuxait (Castellón)

 

DÍA: Sábado 29

HORA: 12.00 h

XÉNERO: Espectáculo teatral de video mapping

DURACIÓN: 35 min

CATALOGACIÓN: +2 anos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 3,00€

Screen man, ou o "home pantalla", é aquel ser máxico que nos axuda a facer realidade os nosos soños. Para demostrarnos que todo é posible fai xurdir das pantallas xogos máxicos, nubes que se moven aos seus soplidos, letras que caen da súa gorra, realidades que se van formando tralo movemento das súas mans...

Un espectáculo que te deixará coa boca aberta!

 

 

 

cartel programacion outono2018

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1