Festa da Bicicleta

13 Xuño 2019

A Estrada Deporte, organiza o domingo día 23 de xuño a partir das 18 horas, na praza do Concello terá lugar a Festa da Bicicleta. A proba contará ca colaboración do Club Ciclista Estradense e de Bikestrada

 

A proba terá dous circuitos, un de dificultade baixa (1km) e outro de maior lonxitude e dificultade media (5km). É obrigatorio o uso de casco durante a proba.

 

Haberá varios sorteos de bicicletas e de material de ciclismo, así como trofeos o participante de maior idade, bicicletas máis antiga, bicicleta máis orixinal e familia máis numerosa. Cada participante levará a súa camiseta conmemorativa do evento.

 

Agradecemos a todos os participantes que fagan previamente a inscrición, para non entorpecer e retrasar o desenrolo da proba o día da mesma.

 

INSCRICIÓNS NO CORREO: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., ou no teléfono 986570030. Indicando nome e apelidos.

 

cartel bici2019peq

 

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1