IV Trofeo de Pretemporada-Concello da Estrada

29 Xullo 2019

O Concello da Estrada, por medio da Concellería de Deportes, organiza este mes de Agosto de 2019, o IV Trofeo de Pretemporada Concello da Estrada. Este trofeo esta dirixido os clubs de futbol da comarca e nesta edición contaremos ca participación do CD Estradense B, CD Berres, Vea CF e Agrupación Estudiantil.

 

cartel IV Trofeo De PretemporadaEste torneo intenta xuntar os equipos de fútbol do noso concello e servirá de preparación de pretemporada para os equipos que participan. A entrada a todos os partidos será gratuita.

 

O formato do trofeo será de semifinais , 3º e 4º  posto e final cos 4 equipos participantes, xogando todos dous partidos. Os encontros xogaranse tanto entre semana coma na fin de semana nos campos de fútbol municipais.

 

A arbitraxe dos encontros estará a cargo de colexiados do Comité Galego de árbitros.

 

Ca dispoñibilidade existente das instalacións, polo traballo de pretemporada dos diferentes clubs deportivos, e os inicios das ligas nos diferentes campionatos, as datas que plantexamos dende o departamento de deportes son as seguintes, tendo en conta cos horarios e campo de xogo dos partidos poderán alterarse previo entendemento entre os dous clubs.

 

SEMIFINAL 1:

Martes 20/8 ás 21:00h. Campo San Martiño en Callobre. Agrupación Estudiantil- Estradense B.

 

SEMIFINAL 2:

Mércores 21/8 ás 21:30h. Campo O Pardiñeiro en Berres. CD Berres - Vea CF.

 

3º E 4º POSTO:

Data por confirmar

 

FINAL:

Data por confirmar

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1