VII Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”

05 Xuño 2019

cartel circuito corre a estrada corre 2019Neste ano 2019 celebrarase a VII edición do Circuito de Carreiras Populares Concello da Estrada “CORRE A ESTRADA CORRE”, que agrupa dun xeito organizado dúas das catro carreiras populares que se celebran ó longo deste ano 2019 no noso concello. Nesta VII edición, as probas a celebrar e puntuables para o Circuito son: a VIII Nocturna Estradense e o IX Memorial Manuel Bergueiro.

 

 

Dentro do noso Concello ainda se celebrarán duas carreiras máis, que serán o VIII Cross Rio Liñares (data pendente de confirmación) e a IX San Silvestre Estradense o día 31 de Decembro. (1.609 metros), que mantén o seu carácter lúdico non competitivo.

 

 

O obxectivo deste circuito de carreiras populares é poñer o alcance de toda a poboación esta actividade físico-deportiva e fomentar ca súa práctica, a recreación e hábitos de vida saudables.

 

 

O VII Circuito “CORRE A ESTRADA CORRE”, dará comezo o sábado día 22 de Xuño de 2019 e rematará o día 13 de Outubro de 2019. Está organizado polo Departamento de Deportes do Concello da Estrada, terá a supervisión técnica da Federación Galega de Atletismo, a colaboración dos clubs de atletismo do noso concello: Atletismo A Estrada, o C.D. San Paio e o C.A.I. A Estrada, a Asociación Xuvenil A Estación e a Deputación de Pontevedra. Tamén patrocinará este circuito de carreiras Aurora Sport e Gadis. As inscricións e cronometraxe estarán controladas por Emesports.

 

Descargar regulamento.

 

Clasificación do VII Circuito de Carreiras Corre A Estrada Corre:

  • Despois da celebración da primeira proba puntuable: VIII Nocturna Estradense

 

  •  Clasificación final despois da celebración da segunda proba puntuable: IX Memorial Manuel Bergueiro

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1