Convocatoria das probas para a obtención do Celga (1, 2, 3 e 4)

Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga.

Datas

  • Celga 4:  sábado 10 de xuño de 2017.
  • Celga 2: domingo 11 de xuño de 2017.
  • Celga 3: sábado 17 de xuño de 2017.
  • Celga 1: domingo 18 de xuño de 2017.

* Estas datas poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas.

Lugares

  • Santiago de Compostela (todos os niveis)
  • Ponferrada (todos os niveis)

* Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga.

Solicitudes

Prazo

Do 05/04/2017 ao 04/05/2017

Presentación

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (prema aquí para iniciar a presentación electrónica da solicitude).
  • Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, para o que se utilizará o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (prema aquí para descargar o modelo de solicitude).

Documentación

  • Xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.
  • Copia do certificado de discapacidade emitido por unha administración distinta da Comunidade Autónoma de Galicia, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente (de ser o caso).

Taxas

Contía: 15,77€

Sistema de liquidación:

  • Empregando o impreso de autoliquidación dispoñible en calquera rexistro ou oficina de atención á cidadanía da Xunta de Galicia ou nesta ligazón. Deberá cubrilo (e, de ser o caso, imprimilo), para despois presentalo en calquera das entidades financeiras colaboradoras na recadación de taxas e prezos para facer efectivo o ingreso correspondente. Os datos que necesita para cubrir este impreso son os seguintes:
  • Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Código: 07.
  • Delegación de servizos centrais. Código: 13.
  • Servizo de Secretaría Xeral de Política Lingüística. Código: 05.
  • Denominación: inscrición nas probas Celga, homologadas para a acreditación do nivel de competencia en lingua galega e mais certificación do nivel correspondente, de ser o caso, cando se superan as probas. Código: 30 44 01.
  • Poderase facer efectivo o pagamento da taxa por Internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberase acceder á Oficina Tributaria, a través da oficina virtual na páxina web da Axencia Tributaria Galega (www.atriga.gal), premer a opción Tributos e logo a ligazón Taxas e prezos. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento telemático, imprimirase o xustificante de aboar a taxa, que será o que se achegue xunto coa solicitude (prema aquí para iniciar o proceso).

Normativa

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1