Biografía Ofelia Rey Castelao

Naceu en Arnois ( A Estrada) no ano 1.956. Realizou  estudos de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, acadando no 1.978 o Premio Extraordinario. Nese mesmo ano foille concedido o Premio Nacional a Mellores Bolseiros do Ministerio de Educación y Ciencia. A súa tese de doutoramento ( “ El voto de Santiago en la España Moderna” ) mereceu a cualificación de “ Sobresaliente cum laude” no ano 1.984, e recibiu o Premio Extraordinario; e no 1.985 recibiu o Premio de Teses Doutorais da Deputación Provincial de Pontevedra. Dende o 1.979 a 1.981 foi bolseira de investigación do Ministerio de Educación e no 1.978 entrou a exercer como profesora de Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela,  onde foi titular dende o 1.986 e onde é catedrática dende o 2.002. Foi membro correspondente para España da Commission Internationale de Démographie Historique por nomeamento de Agosto do 1.990. Ademais ten sido directora de varias teses de doutoramento así coma de  numerosas outras de licenciatura.

 

En galego ten publicada a obra A GALICIA CLÁSICA E BARROCA (Galaxia, 1.998). Pero é moi salientable o seu labor de artigos e colaboracións en numerosos libros e revistas, case sempre con traballos relativos á súa actividade de investigación persoal, marcada nos seus comezos pola historia rural e econóica e polo estudo da emigración galega, e orientada hoxendía cara ao estudo da historia da cultura. Pódense achar colaboracións súas en diferentes edicións colectivas promovidas pola Universidade compostelá, en “ A Nosa Terra”, en “ Grial”...

 

É directora da revista “ Obradoiro de Historia Moderna” dende o ano 1.991.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1