Convocatoria dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publicou hoxe a resolución pola que se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

 

Modalidades

  1. Presencial: Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

No concello da Estrada desenvolverase o seguinte curso da modalidade presencial:

Nivel Celga 2

Código

CL220173601701

Lugar

IES Antón Losada DiéguezRúa da Cultura, s/n

Datas

do 18.04.2017 ao 7.06.2017

Horario

das 19.00 ás 21.00 h.

Días

de luns a venres
  1. Teleformación: Celga 1 (prema aquí para ampliar a información).

 

Solicitude

  1. Para conseguir o axeitado rendemento e o aproveitamento do curso hai que procurar a homoxeneidade dos coñecementos do alumnado, polo que, á hora de formular a solicitude dun curso dun determinado nivel Celga, deberase ter en conta a definición de contidos previstos na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo.
  2. As solicitudes dos cursos de teleformación efectuaranse de acordo coa convocatoria específica publicada na páxina web http://www.lingua.gal.
  3. As solicitudes dos cursos presenciais dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED104B, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.lingua.gal, que permiten cubrir e editar a solicitude.

 

Prazo

20 días naturais, contados a partir do día 9 de marzo de 2017.

 

Materiais

Na páxina web lingua.gal pódense atopar manuais e outros materiais adaptados ao Celga 1, ao Celga 2, ao Celga 3 e ao Celga 4.

 

Máis información:

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1