Programación Cultural - TEATRO PRINCIPAL

O martes 16 ás 21.30 h "U2 Tribute" e o venres 19 de maio ás 21.00 h o primeiro pase e ás 23.00 h o segundo pase do monólogo cómico de Miguel Lago.

 

 

                    U2 TRIBUTE

DÍA: Martes 16

HORA: 21.30h

XÉNERO: Concerto musical

DURACIÓN: 80 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 10,00 € (Entrada anticipada Cultura e Mercaticket)

A banda intaliana Zen Garden é a banda clónica que realiza o mellor tributo do mundo aos aclamadísimos U2. Liderada polo cantante Zeno Sala, o grupo está integrado por Matt á guitarra, Luca no baixo e Kim na batería quen reproducen fielmente o son dos músicos orixinais The Edge, Adam Clayton e Larry Mullen,  respectivamente.

   

  

                    MIGUEL LAGO

DÍA: Venres 19

HORA: 21.00 h primeiro pase (entradas esgostadas), 23.00h segundo pase (10,00 € (Entrada anticipada Cultura e Ticketea) 12,00 (Billeteira))

XÉNERO: Monólogo cómico

DURACIÓN: 60 min

CATALOGACIÓN: Todos os públicos

LINGUA: Castelán

ENTRADA: 10,00 € (Entrada anticipada Cultura e Ticketea) 12,00 (Billeteira)

Habitual nas últimas tempadas do "Club da Comedia", Miguel Lago acaba de ser nomeado, pola Paramount Comedy, comediante do ano, e vén de meter máis de 20.000 espectadores no Teatro Reina Victoria de Madrid co seu último espectáculo "SOY UN MISERABLE". Un espectáculo de humor irónico, co que encherá de gargalladas o Teatro Principal e que amosa o lado máis gamberro e egocéntrico do humorista.

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1