XVI EDICIÓN DO PREMIO DE POESÍA "AVELINA VALLADARES"

19 Xullo 2012

Seleccionou por unanimidade, como gañador do XVI Premio de Poesía Avelina Valladares, o presentado baixo o lema “Estadio” que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de D./Dna. Helena Salgueiro Golán, no que o xurado destacou que a nivel constructivo está confeccionado a base de imaxes propias, artellando un discurso de temática amorosa sen caer nos tópicos e abrindo dende ela un abano a outros temas que reflicten unha visión particular da vida.

 

O día 18 de xullo fallouse o Premio de Poesía Avelina Valladares, nesta XIV edición o xurado estivo formado por:

Dna. Antía Otero Rodríguez

Dna. Andrea Porto Mato

D. Xosé Luna Sanmartín

Dna. Dolores Araújo Arias que actuou como secretaria

A galardonada, a máis xoven da historia, será a pregoeira na vindeira Festa da Poesía do municipio, un evento que se preveé para comezos de outono. Asimesmo este poemario será coeditado por Edicións Fervenza e o Concello.

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1