La Habana: Actividades

16 Mai 2010
Visitas: 9248

ESTRADENSES EN CUBA AGASALLAN AOS SEUS EMIGRANTES.

A Sociedade Fillos do Concello da Estrada celebrou o pasado 14 de decembro a súa actividade anual en saúdo ao  Dia do Emigrante e polo fin de ano, no salón de actos a Asociación Canaria de Cuba Leonor Pérez Cabrera desta capital, coa participación de case un centenar de asistentes. O encontro comezou cun forte aplauso tributado ao presidente da entidade, Servando Oubel Feros, e aos directivos: Sofía Soto González, Mariño López López, Carmen Fariñas Durán e José María Teo Barcalá, todos naturais da Estrada que emigraron a Cuba desde moi novas. O directivo Antonio Torres Pérez declamou  o poema “Que suerte”, inspirado nunha canción de Alberto Cortés, e a continuación proxectáronse fragmentos do documental Oriúndos, material audiovisual realizado pola sociedade no ano 2008 que recolle valiosos testemuños da vida destes emigrantes, e doutros xa falecidos, como Luís Barros Brea, Pelayo Torrado Ponte, Dores Bermúdez Chedas e o profesor Manuel Pena Villamañán.

A pincelada cultural estivo a cargo do grupo de danza infantil  Sonrisa Cubana de Fillos da Estrada na Habana, dirixido por profesora Ruth Diaz Babot que interpretou unha selección de números do folclore galego. Concluída a presentación ofreceuse un bufete para as persoas participantes na cafetaría ao aire libre desta sociedade. Está previsto para o vindeiro sábado 21 un xantar-homenaxe ás persoas emigrantes estradenses no afamado restaurante Castillo de Jagua no Vedado da capital.

profesora e alumnas grupo de baile  BUFFET ASISTENTES 

 

 

Máis de duascentas persoas asociadas e invitadas participaron o sábado 29 de xuño, na IX Xuntanza de publico asistenteIrmandade e Confraternidade Estradense celebrada aquí con motivo das festas patronais de San Paio. A actividade foi auspiciada pola Sociedade Fillos do Concello da Estrada, a entidade do seu tipo máis antiga do mundo, fundada na Habana o 4 de xuño de 1915. O encontro tivo lugar nas instalacións da Casa Balear, na céntrica rúa 23 esquina á avenida dos Presidentes, en pleno Vedado da capital.

Servando Oubel FerosNas súas palabras de benvida, o emigrante estradense e presidente social, Servando Oubel Feros, saudou a todos os presentes no novo aniversario da entidade,  que xa se apresta para celebrar o seu centenario no ano 2015. Tamén realizou un reconto das principais actividades celebradas durante o primeiro semestre do ano e enumerou as próximas as tarefas que se van a levar a cabo na segunda metade. Así mesmo, déronse a coñecer importantes informacións sobre as eleccións que se celebrarán no próximo ano 2014, nas que debe ser renovada ou ratificada a metade da Xunta Directiva.

Dr. Jesus Barros LopezDSC00932En cumprimento do acordo da Xunta Xeral de Asociados do pasado 20 de xaneiro, fíxose entrega solemne durante o acto do título de presidente de honra  (a título póstumo) ao Dr. Jesús Barros López  (A Habana ,1917-2002) “en recoñecemento ao seu sostido esforzo e dedicación durante máis de 70 anos da súa vida á colectividade española e estradense en Cuba, e como presidente da nosa sociedade entre os anos 1996 e 2002”. O directivo Leonardo Barros Branco recibiu o diploma no nome dos familiares.

Servando Oubel e Jose A. VillanuevaTamén recibiu o título de presidente de honra José Antonio Villanueva Sedes (A Habana, 1939) “ ex presidente da entidade e o seu actual vicepresidente, posuidor do  “título de mérito”,  e do de asociado máis antigo  (64 anos).

Dr.Manuel BarrosO diploma de socio de honra correspondeulle a D. Xosé Neira Vilas (Gres, 1928) “pola obra de toda a vida, en especial a desenvolvida no noso país durante máis de trinta anos en prol do fortalecemento das raíces e da cultura galega”. En representación do destacado escritor crucés recibiu o prezado galardón o médico e directivo, Manuel Barros Do Val, quen deu lectura a unha mensaxe de agradecemento enviada por D. Xosé desde Gres.

Así mesmo, fíxose entrega do título de socio/a de mérito aos asociados: Antonio Torres Pérez, Aldo Hernández Monzón, Inocente R. Rodríguez Señarís, José A. Espinosa Santana, Luciana M. Martínez Alarcón e Nelly López Bellver, polo seu destacado labor no cumprimento das tarefas da sociedade.

Manto de Rosas - Sonrisas Cubanas -Na gala artística participaron os grupos de danza da sociedade: Manto de Rosas e Sorrisos Cubanos, tamén houbo actuacións da gaiteira Ailime Izquierdo, e de dous novos valores do Teatro Lírico Nacional, a soprano Marla Pileta e o Tenor Bernardo Lichilín, cun amplo repertorio.

A xuntanza finalizou cunha rifa de obxectos artesanais e unha merenda bufete de confraternidade estradense.

Descargar pregable

DANZA RITUAL DEL FUEGO DSC00979 DSC00918
     
HIMNO DE LA ESTRADA. MARLA PILETA E BERNARDO LICHILIN AILIME IZQUIERDO

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1