La Habana: Actividades

16 Mai 2010
Visitas: 9714

 

Agasallan a emigrantes estradenses en Cuba

A Sociedade Fillos do Concello da Estrada agasallou aos seus emigrantes o pasado 28 de decembro, durante o tradicional xantar con motivo do Día do Emigrante Estradense no que participaron 50 persoas. O encontro, que tivo lugar no restaurante A Xana da Federación de Asociacións Asturianas de Cuba (FAAC), estivo presidido polo titular estradense Servando Oubel Feros. Ao facer uso da palabra no nome da Xunta Directiva, Gódula C. Rodríguez Señarís, secretaria social de Fillos da Estrada na Habana, felicitou as persoas emigradas que se atopaban presentes e destacou o labor dun grupo de familias estradenses que fixeron posible a chegada da sociedade até os nosos días. Tamén foron lembrados os e as emigrantes falecidas nos últimos anos, e insistiuse na necesidade de incorporar as persoas máis novas ás tarefas da Xunta Directiva. Os e as emigrantes José María Teo Barcala (San Xiao de Vea, 1932), Cármen Fariñas Durán (Oca, 1951), Mariño López López (A Estrada, 1926), Sofía Soto González  (1936) e Servando Oubel Feros (Remesar 1933) recibiron numerosas mostras de agarimo, presentes e recordos no seu día, confeccionados polo grupo de terapia ocupacional Avelina Pego García da FSGC. Houbo un brinde polos emigrantes, pola Estrada, por Cuba e pola sociedade que o próximo ano 2013 arribará ao seu aniversario 98. Entre as persoas participantes atopábanse os socios e socias de honra da entidade Hilda Saínz Varanda Esporrín e José A. Villanueva Sedes, entre outras persoas.

Emigrantes estradenses en Cuba, de esquerda a dereita: José Ma Teo Barcala (Vea 1932), Carmen Fariñas Durán (Oca 1951), Marino López López (A Estrada 1926), Sofía Soto González (1936) e Servando Oubel Feros (Remesar 1933).

emigrantes estradenses en Cuba 2012peq un brindispeq recibiron regalos no dia do emigrantepeq
     
Godula Rodriguez e Servando Oubelpeq emigrantes e outras personalidades estradensespeq un brindis por A EStradapeq

Para máis información prema aquí. (Noticia do Faro de Vigo)

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1