La Habana: Actividades

16 Mai 2010
Visitas: 9637

escudo habana

 

CENTRO DE LA HABANA - ACTIVIDADES

 

 

Ao redor de cen persoas participan no acto do Día do Emigrante de Fillos da Estrada na Habana

Proxectouse o documental Oriúndos protagonizado por socios e socias da entidade

A Sociedade Fillos do Concello da Estrada celebrou o pasado 14 de decembro a súa actividade anual en saúdo ao Día do Emigrante e polo fin de ano, no salón de actos a Asociación Canaria de Cuba Leonor Pérez Cabrera da capital cubana, coa participación de case un centenar de asistentes.

O encontro comezou cun forte aplauso tributado ao presidente da entidade, Servando Oubel Feros, e aos directivos e directivas Sofía Soto González, Mariño López López, Carmen Fariñas Durán e José María Teo Barcalá, todos naturais da Estrada que emigraron a Cuba desde moi novas.

O directivo Antonio Torres Pérez declamou o poema “Que sorte”, inspirado nunha canción de Alberto Cortés, e a continuación proxectáronse fragmentos do documental Oriúndos, material audiovisual realizado pola sociedade no ano 2008 que recolle valiosos testemuños da vida destas persoas emigrantes e doutras xa falecidas, como Luís Barros Brea, Pelayo Torrado Ponte, Dores Bermúdez Chedas e o profesor Manuel Pena Villamañán.

A pincelada cultural estivo a cargo do grupo infantil de danza Sorriso cubano de Fillos da Estrada na Habana e que está dirixido pola profesora Ruth Díaz Babot que interpretou unha selección de números do folclore galego. Concluída a presentación ofreceuse un bufete ás persoas participantes na cafetería  ao aire libre desta sociedade.

 

estradenses en Cuba 2013   Un brindis por La Estrada   Jose Manuel Teo Barcala Vea

Estradenses en Cuba. 2013.Celebración do fin de ano.

 

 

 

O estradense Marino López López fixo un brinde pola Estrada.

 

 

 José Manuel Teo Barcala. (Vea, San Julián)

 

 

 Servando Oubel centro Remesar    En el Castillo de Jagua    Estradenses en Cuba- Fin de Ano
 O presidente dos estradenses de Cuba, o emigrante Servando Oubel Feros , (centro) (Remesar) á súa dereita o vicepresidente, José Antonio Villanueva Sedes.    No afamado restaurante Castelo de Jagua, no Vedado da capital celebrouse o VIN encontro cos oriúndos da Estrada, e xantar de confraternidade polo fin de ano.    Medio centenar de estradenses, descendentes e amigos da Estrada en Cuba celebraron cun almorzo o  fín de ano.

 

NOTA:

Durante o encontro fixo uso da palabra a secretaria social, Gódula C. Rodríguez Señarís, quen lembrou aos participantes as orixes desta celebración con emigrantes naturais da Estrada, unha celebración que xa chegou este ano á súa VIN edición, así mesmo falou sobre os preparativos que levan a cabo para a celebración do centenario da sociedade no ano 2015. Entre os invitados ao xantar atopábase a nova e talentosa directora da Banda Nacional de Concertos de Cuba, Verónica do Porto, quen traballa na instrumentación de dúas das obras do profesor Javier Comesañas Pereira, "Cen anos hai" e "Evocación habanera" coa finalidade de que a interprete esta prestixiosa agrupación musical durante os actos de celebración do centenario de Fillos da Estrada na Habana en 2015.

 


ESTRADENSES EN CUBA AGASALLAN AOS SEUS EMIGRANTES.

A Sociedade Fillos do Concello da Estrada celebrou o pasado 14 de decembro a súa actividade anual en saúdo ao  Dia do Emigrante e polo fin de ano, no salón de actos a Asociación Canaria de Cuba Leonor Pérez Cabrera desta capital, coa participación de case un centenar de asistentes. O encontro comezou cun forte aplauso tributado ao presidente da entidade, Servando Oubel Feros, e aos directivos: Sofía Soto González, Mariño López López, Carmen Fariñas Durán e José María Teo Barcalá, todos naturais da Estrada que emigraron a Cuba desde moi novas. O directivo Antonio Torres Pérez declamou  o poema “Que suerte”, inspirado nunha canción de Alberto Cortés, e a continuación proxectáronse fragmentos do documental Oriúndos, material audiovisual realizado pola sociedade no ano 2008 que recolle valiosos testemuños da vida destes emigrantes, e doutros xa falecidos, como Luís Barros Brea, Pelayo Torrado Ponte, Dores Bermúdez Chedas e o profesor Manuel Pena Villamañán.

A pincelada cultural estivo a cargo do grupo de danza infantil  Sonrisa Cubana de Fillos da Estrada na Habana, dirixido por profesora Ruth Diaz Babot que interpretou unha selección de números do folclore galego. Concluída a presentación ofreceuse un bufete para as persoas participantes na cafetaría ao aire libre desta sociedade. Está previsto para o vindeiro sábado 21 un xantar-homenaxe ás persoas emigrantes estradenses no afamado restaurante Castillo de Jagua no Vedado da capital.

profesora e alumnas grupo de baile  BUFFET ASISTENTES 

 

 

Máis de duascentas persoas asociadas e invitadas participaron o sábado 29 de xuño, na IX Xuntanza de publico asistenteIrmandade e Confraternidade Estradense celebrada aquí con motivo das festas patronais de San Paio. A actividade foi auspiciada pola Sociedade Fillos do Concello da Estrada, a entidade do seu tipo máis antiga do mundo, fundada na Habana o 4 de xuño de 1915. O encontro tivo lugar nas instalacións da Casa Balear, na céntrica rúa 23 esquina á avenida dos Presidentes, en pleno Vedado da capital.

Servando Oubel FerosNas súas palabras de benvida, o emigrante estradense e presidente social, Servando Oubel Feros, saudou a todos os presentes no novo aniversario da entidade,  que xa se apresta para celebrar o seu centenario no ano 2015. Tamén realizou un reconto das principais actividades celebradas durante o primeiro semestre do ano e enumerou as próximas as tarefas que se van a levar a cabo na segunda metade. Así mesmo, déronse a coñecer importantes informacións sobre as eleccións que se celebrarán no próximo ano 2014, nas que debe ser renovada ou ratificada a metade da Xunta Directiva.

Dr. Jesus Barros LopezDSC00932En cumprimento do acordo da Xunta Xeral de Asociados do pasado 20 de xaneiro, fíxose entrega solemne durante o acto do título de presidente de honra  (a título póstumo) ao Dr. Jesús Barros López  (A Habana ,1917-2002) “en recoñecemento ao seu sostido esforzo e dedicación durante máis de 70 anos da súa vida á colectividade española e estradense en Cuba, e como presidente da nosa sociedade entre os anos 1996 e 2002”. O directivo Leonardo Barros Branco recibiu o diploma no nome dos familiares.

Servando Oubel e Jose A. VillanuevaTamén recibiu o título de presidente de honra José Antonio Villanueva Sedes (A Habana, 1939) “ ex presidente da entidade e o seu actual vicepresidente, posuidor do  “título de mérito”,  e do de asociado máis antigo  (64 anos).

Dr.Manuel BarrosO diploma de socio de honra correspondeulle a D. Xosé Neira Vilas (Gres, 1928) “pola obra de toda a vida, en especial a desenvolvida no noso país durante máis de trinta anos en prol do fortalecemento das raíces e da cultura galega”. En representación do destacado escritor crucés recibiu o prezado galardón o médico e directivo, Manuel Barros Do Val, quen deu lectura a unha mensaxe de agradecemento enviada por D. Xosé desde Gres.

Así mesmo, fíxose entrega do título de socio/a de mérito aos asociados: Antonio Torres Pérez, Aldo Hernández Monzón, Inocente R. Rodríguez Señarís, José A. Espinosa Santana, Luciana M. Martínez Alarcón e Nelly López Bellver, polo seu destacado labor no cumprimento das tarefas da sociedade.

Manto de Rosas - Sonrisas Cubanas -Na gala artística participaron os grupos de danza da sociedade: Manto de Rosas e Sorrisos Cubanos, tamén houbo actuacións da gaiteira Ailime Izquierdo, e de dous novos valores do Teatro Lírico Nacional, a soprano Marla Pileta e o Tenor Bernardo Lichilín, cun amplo repertorio.

A xuntanza finalizou cunha rifa de obxectos artesanais e unha merenda bufete de confraternidade estradense.

Descargar pregable

DANZA RITUAL DEL FUEGO DSC00979 DSC00918
     
HIMNO DE LA ESTRADA. MARLA PILETA E BERNARDO LICHILIN AILIME IZQUIERDO

 

 

 

 


AS LETRAS ESTRADENSES

Un evento literario e serán cultural dedicado as letras estradenses efectuouse o pasado sábado 11 de maio nos salóns do antigo palacio do Centro Galego da Habana, coa participación de máis dun centenar de persoas asociadas. 

A actividade foi organizada pola Sociedade Fillos do Concello da Estrada que preside o emigrante estradense Servando Oubel Feros. O encontro tivo lugar no segundo día das xornadas culturais, organizadas pola Federación de Sociedades Galegas, que están a efectuarse na capital cubana desde o día 10 e  que se desenvolverán até o 19 de maio, en saúdo ao Día das Letras Galegas, nas que están programadas un total de 14 actividades nas que participarán 17 sociedades.

Dr Manuel BarrosComo unha feliz iniciativa do colectivo estradense en Cuba e a partir deste ano, dedicarase un día dentro destas xornadas, a render homenaxe a personalidades da cultura estradense relacionadas coas letras. Nesta ocasión os homenaxeados foron Carlos Loureiro Rodríguez, (Callobre, A Estrada, 1957) profesor do IES Manuel García Barros e Valentín García Gómez, (Abades, Silleda, 1970) secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A actividade comezou cunha proxección de vídeo que transportou a todos os presentes nunha viaxe imaxinaria até España, a Galicia e á Estrada, con imaxes dos seus lugares máis emblemáticos e pintorescos, finalizando con senllas fotografías a cor dos homenaxeados.

Alena Mendez MorenoA moza investigadora Alena Méndez Moreno, historiadora e directiva do Obradoiro de Cultura Galega Xosé Fontenla Leal, tivo ao seu cargo a presentación da obra de Valentín García Gómez, quen actualmente dirixe o departamento que regula a política lingüística do galego, tanto en Galicia como no exterior, principalmente desde os municipios, e quen desenvolveu un longo e intenso labor de dinamización da cultura e da lingua galega, entre a que se destaca a planificación e execución de programas enfocados ao fomento do idioma. É autor de numerosas publicacións relacionadas coa normalización da lingua galega e coordinador técnico da Rede de Dinamización Lingüística. A partir do ano 1994 desenvolve a súa actividade como técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada. Dirixiu os departamentos de Cultura, Normalización Lingüística, Emigración e Mocidade do Concello, formou parte de diferentes asociacións culturais e deportivas, e realizou, ademais, numerosas actividades de animación sociocultural na Estrada. Realizou múltiples colaboracións xornalísticas. É fundador do grupo de teatro Vos Tirinautas, da Coral Polifónica Estradense e da Radio e a TV da Estrada. Entre a súa obra impresa como escritor ou editor figuran: Informe-proposta sobre a coordinación dos servizos lingüísticos, (2003) Un soldado da historia, (2005) A Estrada rural, (2007) Vista Alena MendezAlegre, 25 anos de historia, Fundación Cultural Barreira. Manuel Barros Del Valle, médico e socio de mérito da entidade estradense, foi o encargado de realizar a descrición do veterano docente Carlos Loureiro Rodríguez, quen precisamente estará a cumprir proximamente 30 anos de meritorio labor na Cátedra de Lingua e Literatura Galega do Instituto García Barros. O profesor Loureiro Rodríguez enviou unha emotiva mensaxe desde A Estrada, cun saúdo dirixido as persoas participantes no encontro. Destacouse durante a presentación a súa principal contribución á cultura estradense como editor “ao sacar á luz a obra anónima e esquecida do seu veciño, Manuel García Barros”, o “patriarca das letras galegas” en obras tales como: Aventuras de Alberte Quiñoi como coeditor (1990), Contiños da Terra (1999), Enredos (2000) ,Dous Meus Recordos (2001) e Carta da Habana (2002). Tamén se analizaron as súas tres obras publicadas: Callobre C.F. Dos alicerces a 2002 (2003), Dicionario de escritores de Tabeirós Terra de Montes (2004) e, como co autor, A Estrada-imaxes para a lembranza (2006).

Exposicion libros Carlos LoureiroEn ambas as dúas presentacións usáronse técnicas de proxección dixital con numerosas fotografías e textos. Tamén quedou inaugurada unha pequena exposición da obra impresa de Carlos Loureiro.

Durante o serán artístico e cultural presentáronse os grupos de danza da entidade: Manto de Rosas e Sorrisos Cubanos , a gaiteira Ailime Izquierdo, co acompañamento na pianola de José “Pepe” Espinosa, e a actuación do pequeno Addiel, quen recitou “Eu teño dúas patrias”, cantou “Unha noite na eira do trigo” e bailou unha muiñera”. A actividade polo Día das Letras Estradenses finalizou cun pasodobre galego, interpretado polas nenas dos grupos de danza da sociedade estradense na maior das Antillas, e unha merenda-bufete.

Descargar a información orixinal completa.

Manuel Barros Alena Mendez               Manto Rosas Sonrisas Cubanas2
publico presente   PUBLICO2

 


 

A Sociedade Fillos do Concello da Estrada da Habana celebrou o día 20 de xaneiro a súa primeira xunta xeral de asociados do ano. A xuntanza tivo lugar no salón Jesús Barros López do antigo palacio do Centro Galego da Habana, coa participación dun centenar de asociados e asociadas, e presidida polo seu titular, o emigrante estradense Servando Oubel Feros, a secretaria social, Gódula Rodríguez Señarís e o resto das persoas integrantes da Xunta Directiva.

Deuse a coñecer o estado das finanzas da sociedade, aprobouse o orzamento para o ano que recentemente comeza; tamén se presentou un informe sobre o labor desenvolvido pola Xunta Directiva durante o pasado ano 2012, no que se realizaron un total de 23 actividades.  Aprobouse o plan de traballo e os principais obxectivos que se deben acadar durante este ano, cun total de trece actividades, entre as que se destacan a participación dos grupos de danza da entidade: Manto de Rosas e Sorrisos Cubanos nos festivais: Raul Soto Santana In Memorian, A Pegada de España e o Festival da Cultura Española, así como nas festas de San Paio do próximo mes de xuño. Tamén se puido coñecer que  a Xornada das Letras Galegas que se vai celebrar durante o mes de maio, estará dedicada este ano a dúas destacadas personalidades da cultura estradense, o profesor do IES Manuel García Barros, Carlos Loureiro Rodríguez e o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez.

Por outra banda, a Xunta Xeral de Asociados aprobou outorgar este ano os títulos honoríficos de presidente de honra a José Antonio Villanueva Sedes (A Habana, 1939), ex presidente de Fillos da Estrada e posuidor do  seu título de mérito, e ao  Dr. Jesús Barros López. (A Habana, 1917-2002), a título póstumo, unha destacada personalidade da colectividade española en Cuba, e particularmente da estradense. No momento do seu falecemento ostentaba as seguintes condecoracións e distincións: Medalla de Galicia, categoría bronce. (2000), presidente de honra da Federación de Sociedades Españolas de Cuba, tesoureiro de mérito de Fillos da Estrada, ademais de innumerables diplomas de honra, de mérito e de constancia de máis de vinte sociedades españolas; o pasado ano 2012 foille outorgado, con carácter póstumo, o recoñecemento Miguel de Cervantes Saavedra por parte da Federación de Sociedades Españolas de Cuba. O título de socio de honra outorgóuselle ao destacado escritor crucés, D. Xosé Neira Vila ( Gres, Vila de Cruces - Lalín, 1928) pola obra de toda a vida e, en especial, pola desenvolvida no noso país durante máis de trinta anos, e entre as que se destacou a creación da sección galega no Instituto de Literatura e Lingüística, onde, grazas ao seu inxente labor, foron rescatados para a posteridade os fondos bibliográficos máis importantes do continente americano sobre a emigración galega. En Cuba recibiu os títulos de doutor honoris causa pola Universidade da Habana (2003), a medalla Afasto Carpentier (2011), do Consello de Estado da República de Cuba e o Recoñecemento Miguel de Cervantes Saavedra (2012) da Federación de Sociedades Españolas de Cuba.

O título de mérito recibirano este ano seis persoas asociadas que destacaron polo seu traballo na entidade durante os últimos anos, son: Antonio Torres Pérez, Aldo Hernández Monzón, Roberto Rodríguez Señarís, Nelly López Bellver, José A. Espinosa Santana e Luciana M. Martínez Alarcón.

Os títulos de honra e mérito serán entregados en solemne cerimonia durante as festas de San Paio que se celebrarán o próximo mes de xuño. O encontro finalizou cunha merenda-bufete.

Fillos do Concello da Estrada fundouse na Habana o 4 de xuño de 1915 e conta cun total de 318 persoas asociadas, das que as mulleres son o 63% e os maiores de 60 anos o 55%. 5 dos seus asociados son naturais de Galicia e 73 son descendentes con cidadanía española. Posúe un panteón social no Cemiterio de Colón é membro da Federación Española (FSEC) e da Galega (FSGC) e realiza un importante labor sociocultural no seo da colectividade española.

servando oubel - nuevos asociados -2013 -
jga - enero 2013 - estradenses - servando oubel feros. 2013.-

 

 


 

Agasallan a emigrantes estradenses en Cuba

A Sociedade Fillos do Concello da Estrada agasallou aos seus emigrantes o pasado 28 de decembro, durante o tradicional xantar con motivo do Día do Emigrante Estradense no que participaron 50 persoas. O encontro, que tivo lugar no restaurante A Xana da Federación de Asociacións Asturianas de Cuba (FAAC), estivo presidido polo titular estradense Servando Oubel Feros. Ao facer uso da palabra no nome da Xunta Directiva, Gódula C. Rodríguez Señarís, secretaria social de Fillos da Estrada na Habana, felicitou as persoas emigradas que se atopaban presentes e destacou o labor dun grupo de familias estradenses que fixeron posible a chegada da sociedade até os nosos días. Tamén foron lembrados os e as emigrantes falecidas nos últimos anos, e insistiuse na necesidade de incorporar as persoas máis novas ás tarefas da Xunta Directiva. Os e as emigrantes José María Teo Barcala (San Xiao de Vea, 1932), Cármen Fariñas Durán (Oca, 1951), Mariño López López (A Estrada, 1926), Sofía Soto González  (1936) e Servando Oubel Feros (Remesar 1933) recibiron numerosas mostras de agarimo, presentes e recordos no seu día, confeccionados polo grupo de terapia ocupacional Avelina Pego García da FSGC. Houbo un brinde polos emigrantes, pola Estrada, por Cuba e pola sociedade que o próximo ano 2013 arribará ao seu aniversario 98. Entre as persoas participantes atopábanse os socios e socias de honra da entidade Hilda Saínz Varanda Esporrín e José A. Villanueva Sedes, entre outras persoas.

Emigrantes estradenses en Cuba, de esquerda a dereita: José Ma Teo Barcala (Vea 1932), Carmen Fariñas Durán (Oca 1951), Marino López López (A Estrada 1926), Sofía Soto González (1936) e Servando Oubel Feros (Remesar 1933).

emigrantes estradenses en Cuba 2012peq un brindispeq recibiron regalos no dia do emigrantepeq
     
Godula Rodriguez e Servando Oubelpeq emigrantes e outras personalidades estradensespeq un brindis por A EStradapeq

Para máis información prema aquí. (Noticia do Faro de Vigo)

 


 

VIII Xuntanza Estradense - San Paio 2012 - La Habana - CUBA

 

VIII XUNTANZA DE IRMANDADE E CONFRATERNIDADE ESTRADENSE DEDICADA A JESÚS BARROS LÓPEZ NO SEU 95° ANIVERSARIO E O 10° DA SUA DESAPARICIÓN FÍSICA.

 

SALÓN DE ACTOS DA OFICINA DELEGADA DA XUNTA DE GALICIA EN CUBA.

 

ANTIGO PALACIO DO CENTRO GALEGO DE LA HABANA.

 

HORA: 10.00 h.

 

Información do evento:Servando Oubel Feros.- 2012

 

 

Manto de Rosas - 1peq

   

titulos de Merito 2012 - A Estradapeq

 

O grupo Manto de Rosa que dirixe a profesora Ailime Izquierdo, tivo unha participación destacada na VIII Xuntanza estradense con motivo da festa de San Paio.

   
TITULOS DE MÉRITO - 2012 - pola esq.  Ailime Izquierdo Ruiz, José A.
Villanueva Sedes e Dolores Torres Pérez.

 

Esstradenses en Cuba.- 2012peq

   

fiesta de san paio 2012 - la habanapeq

Emigrantes estradenses en Cuba que participaron na xuntanza San Paio - 2012 - pola esq. Servando Oubel Feros e a súa esposa Sofía Soto González, Carmen Fariñas Durán e Marino López López.    
A gaiteira e directora de Manto de Rosas Ailime Izquierdo durante
unha das súas presentacións.

 

 

053 peq

Publicopeq

Servando Oubel Feros.- 2012peq

 

022peq

 

manto de rosas e sonrisas cubanaspeq

publico 2peq

Ailime Izquierdo Ruiz, directora de Manto de Rosas
Manto de Rosas e Sonrisas Cubanas. Dirixen as profesoras Ailime Izquierdo e Ruth Díaz  
     

038peq

051peq

 

 

- Homenaxe a un grupo de persoas asociadas naturais deste concello. Sábado 28 de novembro de 2009.

Descargar información.

Estradenses - CUBA - 2009peq Participantes - Estradenses 2009peq Godula - Estradenses - 2009peq

 

 

 

- Con motivo do 95º aniversario da fundación da entidade estradense en Cuba, 2010.

Descargar información.

A Estrada 2010peq

A Estrada 2010apeq

 

 

 

- Con motivo do 95º aniversario da fundación da entidade estradense en Cuba, 2010, celebrouse un gran festival gastronómico que sedenominou a cociña galega.

Descargar información.
DSC08756peq DSC08777peq DSC08796peq DSC08801peq

 

 

 

 

- Hijos de La Estrada e o Obradoiro Fontenla Leal organizan en Cuba un festival de gastronomía galega, 2010.

Descargar información.

 

 

 

- Nas xornadas do sábado 29 e do domingo 30 de maio de 2010, tiveron lugar variosactos de encontro e posta en común do alcalde da Estrada, José Antonio Dono López, e os demais membros da expedición a La Habana e os directivos e demais membros da Asociación de Fillos do Concello da Estrada na Habana.

Descargar información.

Membros na Habana2010med Entrega ordenador Jose M Villanueva Sedesmed

 

 

 

- 95 aniversario de Sociedad Hijos del Ayuntamiento de la Estrada - maio 2010.

 Descargar información.

 

 

 

 

- Ao Dr. Jesús Barros López. Figura Egregia da nosa colectividade.

Un recordo no 8º aniversario da súa desaparición física.

Naceu en La Habana, Cuba, o 7 de Agosto de 1917 e faleceu nesta capital o 4 de agosto de 2002.

Descargar información.

Manolo3peq Manolo2peq

 

 

 

-(29/11/2010) SALVADOR GARCÍA-BODAÑO no pasar dos días

"Estradenses de ultramar"

Descargar información.

salvadorgarciabodaop

 

 

"Case un século de unión estradense en La Habana"

Descargar información.

habana2 2010peq

 

 

Cun concerto de Nadal e coa entrega de premios do concurso "Mis raíces gallegas 2010” a Federación de Sociedades Galegas de Cuba (FSGC) e o Obradoiro de Cultura Galega Xosé Fontenla Leal finalizaron nesta capital as súas actividades no presente ano.

Descargar información.