Bases reguladoras da convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización para o curso 2020/2021

30 Setembro 2020

 

As axudas de apoio á escolarización dirixidas a familias en situación de dificultades socioeconómicas contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.

 

A finalidade da convocatoria de axudas de apoio á escolarización é establecer un réxime compensatorio de carácter xeral destinado a colectivos con carencias de carácter socioeconómico, para potenciar as condicións de igualdade no acceso ao ensino financiado con fondos públicos, e ós seus servizos, a tódalas/os nenas/os empadroados no termo municipal da Estrada, evitando desigualdades derivadas da situación económica e/ou social, e apoiando ás familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, así como promover a conciliación da vida familiar e laboral, evitar situacións de risco, asegurar unha nutrición axeitada e facilitar o rendemento escolar.

 

O obxecto da convocatoria é regular o procedemento para a concesión de subvencións a familias residentes no concello da Estrada, para o financiamento dos gastos derivados da escolarización dos membros da unidade familiar para o curso 2020/2021 en centros educativos sostidos con fondos públicos, relativos a:

  • Adquisición de libros de texto e material escolar curricular dos/as nenos/as matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil
  • Servizo de comedor das/os alumnas/os matriculados/as no segundo ciclo de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria.

Estas axudas van dirixidas prioritariamente a menores de familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo.

 

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1