Axudas ao Alugamento de Vivenda do Plan Estatal de Vivenda 2018- 2021

12 Setembro 2019

O Concello da Estrada a través do Departamento de Servizos Sociais informa que a Xunta de Galicia ven de convocar as AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021.

 

As axudas rexerán a conncesión así como a renovación daquelas persoas que xa a teñan concedida.

 

Estas axudas establécense en dúas liñas de actuación:

 

LIÑA A DE ALUGAMENTO DE VIVENDA: Dirixida a sectores de poboación con escasos medios económicos.

 

REQUISITOS:

  • Ter nacionalidade española ou residir legalmente en España
  • ser titulares dun contrato de alugamento cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral
  • Estar empadroada na residencia obxecto do contrato
  • Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2 veces o IPREM, é dicir, 1075,78 €; este límite será de 4 veces o IPREM, se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten unha persoa con discapacidade, é dicir, 2.151,36 €; o límite será de 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos tipos de discapacidade establecidos na orde de convocatoria.
  • Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM,é dicir, 376,48 €

 

CONTÍA DA AXUDA:

  • A contía será do 40% da renda mensual que se deberá satisfacer polo alugamento. Se a persoa beneficiaria ten máis de 65 anos, esta axuda será do 50%.

 

LIÑA B DE AXUDA Á MOCIDADE: Dirixida a persoas menores de 35 anos con escasos medios económicos.

 

REQUISITOS:

  • Os mesmos establecidos para a LIÑA A.

 

CONTÍA DA AXUDA:

  • A contía será do 50% da renda mensual que se deberá satisfacer polo alugamento.

 

A axuda concederase por un prazo máximo de 3 anos debendo renovarse para cada anualidade nos prazos establecidos na orde de convocatoria.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • ANEXOS
  • CONTRATO DE ALUGAMENTO DA VIVENDA, CUNHA DURACIÓN MÍNIMA DUN ANO E CON MENCIÓN EXPRESA A SÚA REFERENCIA CATASTRAL.
  • VOANTE DE EMPADROAMENTO FAMILIAR
  • DECLARACIÓN DA RENDA
  • NO CASO DE NON TER PRESENTADO A DECLARACIÓN DA RENDA POR ESTAR EXENTA:
    • CERTIFICADO DE RETRIBUCIÓNS E RETENCIÓNS DA EMPRESA/S NAS CALES ESTIVESE DE ALTA NO DEVANDITO EXERCICIO.
    • CERTIFICADO DE PENSIÓNS OU PRESTACIÓNS PERÍODICAS, EMITIDO POLO CORRESPONDENTE ORGANISMO OFICIAL, NO CASO DE NON SER OUTORGADAS POLO INSS.
    • CERTIFICADOS BANCARIOS DE RENDEMENTOS DE CAPITAL MOBILIARIO.
    • CERTIFICADO DA CONTÍA PERCIBIDA POLA RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA.
  • NO CASO DE INGRESOS OBTIDOS NO EXTRANXEIRO, COPIA DA DECLARACIÓN SIMILAR Á DO IRPF, AUTENTICADA POLA CORRESPONDENTE DELEGACIÓN CONSULAR E, DE SER O CASO, O CERTIFICADO ACREDITATIVO DE EQUIVALENCIA EN EUROS DO IMPORTE DECLARADO.
  • DE SER O CASO, CONVENO REGULADOR DE NULIDADE, SEPARACIÓN OU DIVORCIO, OU SENTENZA QUE ACREDITE QUE A PERSOA SOLICITANTE NON TEN USO DA VIVENDA FAMILIAR, ASÍ COMO A DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE ESTAR AO DIA NO PAGAMENTO DAS PENSIÓNS ALIMENTICIAS E COMPENSATORIAS, DE SER O CASO.
  • TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA ( NO CASO DE QUE O MESMO NON TEÑA SIDO EXPEDIDO POLA CCAA DE GALICIA).
  • CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE DA PESOA SOLICITANTE E/OU DAS PERSOAS INTEGRANTES DA UNIDADE DE CONVIVENCIA ( NO CASO DE QUE O MESMO NON TEÑA SIDO EXPEDIDO POLA CCAA DE GALICIA).

 

PRAZO DE SOLICITUDE: 11 DE OUTUBRO DE 2019

 

O Concello da Estrada pon á disposición de todas as persoas interesadas un departamento técnico para informar da axuda así como para prestar o apoio na tramitación das solicitudes.

 

As persoas interesadas poden achegarse ao concello, no primeiro andar (ao lado do ascensor) en horario de 9.00 a 14.00 horas ou chamar ao 986 677 740.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1