Axudas destinadas ao pago do comedor escolar no curso 2018/2019

06 Marzo 2019

As axudas para o pago de comedor escolar contémplanse como unha prestación social no marco das Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.

 

A finalidade da convocatoria de axudas ao estudio é potenciar as condicións de igualdade no acceso ao ensino público e ós seus servizos a tódalas/os nenas/os empadroadas/os no termo municipal da Estrada, evitando desigualdades derivadas da situación económica e/ou social, e apoiando as familias en situación de desvantaxe social e con menor poder adquisitivo, así  como promover a conciliación da vida familiar e laboral, evitar situacións de risco, asegurar unha nutrición axeitada e facilitar o rendemento escolar.

 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 27 de marzo.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1