Axudas urxentes de tipo social para evitar os cortes de subministración eléctrica e de gas ás persoas económicamente vulnerables

A Consellería de Emprego, Economía e Industria mantén o prazo para a solicitude de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica e de gas ás persoas economicamente máis vulnerables ata o vindeiro 15 de decembro de 2017.

 

Os gastos subvencionables serán o 100 % do importe das facturas de electricidade ou gas natural (IVE incluído) correspondentes á vivenda habitual do solicitante, que estean pendentes de pagamento na data da solicitude e xa transcorrera a data límite de pagamento, emitidas por unha comercializadora de electricidade ou gas natural que teña asinado un protocolo de colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria para evitar os cortes de subministración.

 

Deberá facerse unha solicitude por cada factura, cun límite máximo de 2 facturas/ano por solicitante e importe máximo de 200 €/ano por solicitante.

 

BENEFICIARIOS:

Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano) e teñan facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite de pagamento, xa teñan ou non a subministración interrompida.

 

REQUISITOS:

1.- Ser o titular do contrato de subministración eléctrica.

2.- Ter unha factura de electricidade ou gas natural pendente de pagamento e que xa transcorrese a data límite de pagamento especificada na factura.

 

Documentación a presentar:

a) Factura de enerxía eléctrica ou de gas natural non aboada, emitida pola empresa comercializadora.

b) Certificado ou volante de convivencia/empadroamento onde figuren todas as persoas que conviven no mesmo domicilio.

 

É obrigatorio tramitar esta axuda pola vía electrónica polo que o concello pon á disposición dos interesados este servizo.

 

Para máis información contactar no teléfono 986 57 00 30 (ext. 4326) ou directamente no concello (1º planta- departamento de emprego).

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1