O Concello abre o luns o prazo para anotarse no Campamento do Mar que será en Vilanova de Arousa do 8 de agosto ó 30 de setembro

Ofértase un total de 60 prazas entre as dúas quendas. O prazo comeza o luns dia 3 de xullo e estará aberto ata o 14 de xullo.

O departamento de Servizos Sociais da Estrada abrirá o vindeiro luns, día 3, o prazo para inscribirse no  Campamento do Mar, que se celebrará do 30 de agosto ó 8 de setembro e que terá como escenario as instalacións do campamento xuvenil As Sinas de Vilanova de Arousa (Pontevedra). Esta actividade está dirixida a rapaces de idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos.

Haberá dúas quendas, a primeira para os nenos de 8 a 12 anos, e a segunda para os de 13 a 16. Para cada quenda ofértanse un total de 30 prazas, 26 paras os menores e 4 para monitores. O prezo é de 40 euros (o Concello bonifica o 50% de cada praza) e haberá diversos descontos.

Os interesados deberán presentar a súa solicitude (poderase descargar directamente o formulario na páxina web do Concello) no departamento de Servizos Sociais de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 horas. Ademais da solicitude deberase achegar unha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) do pai, nai ou titor e o do rapaz. O prazo de inscrición rematará o día 14.

O listado da persoas admitidas publicarase, a priori, o día 17 e desde o 18 ó 24 os aceptados deberán realizar o pago e presentar a documentación que lle sexa requirida tras comunicarlles a súa admisión. 

 

Preferencias de inscrición

Á hora de anotarse terán preferencia:

  1. Nenos/as que se atopen en situación de vulnerabilidade
  2. Nenos/as que se atopen en situación de acollemento, sempre que conten cun informe favorable do traballador social.
  3. Nenos/as que estean empadroados no Concello da Estrada
  4. Orde de inscrición.

                                                                                                

Prezo

  • A tarifa normal é de 40 euros por rapaz
  • No caso dos menores que se atopen en situación de vulnerabilidade será gratuíto
  • No caso da participación de dous irmáns, o primeiro deberá pagar 40 euros e o segundo 30.
  • Nas familias numerosas cada fillo terá que abonar 30 euros.

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1