Campamentos Urbano 2019

23 Mai 2019

A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 13 anos.

 

DATAS E HORARIO: do 1 de xullo o 10 de setembro de 8:00 a 14:00 (no caso de que conten con servizo de almorzo e comedor estimase de 7:30 ata as 15:30.

 

PRAZAS: media de 70 rapaces/zas por quincena (xullo e agosto) e 40 en setembro.

 

PRAZO DE INSCRICIÓN: do 6 ó 19 de xuño.

 

COTA DE INSCRICIÓN:

 

a) Familias empadroadas no concello da Estrada:

  • Inscrición Xeral: 33 euros/ quincena
  • Familias numerosas: 27,5 euros / quincena
  • No caso de participación de varios irmáns, o primeiro inscrito abonará 33 euros / quincena e segundo e seguintes aboarán a cantidade de 27,5 euros por quincena.
  • Prezo único a abonar pola participación do 2 ó 10 de setembro: 23,10 euros.

 

b) Familias non empadroados no termo municipal e que os pais acrediten atoparse traballando na Estrada (termo municipal): 55 euros por quincena nos meses de xullo e agosto e 38,5 euros no período comprendido do 2 ó 10 de setembro.

           

c) As familias que soliciten o servizo de almorzo e comedor, terán que comunicalo na empresa e aboar o importe correspondente que fixe a empresa, nas propias instalacións.

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.

 

A documentación a presentar xunto coa solicitude segundo modelo, é a seguinte:

  • 1 foto do neno/a
  • Fotocopia do D.N.I do pai, nai ou titor
  • Fotocopia tarxeta da Seguridade Social do/a menor
  • No caso de varios irmáns participantes, fotocopia do libro de familia
  • No caso de familias numerosas, fotocopia da cartilla acreditativa vixente
  • Xustificante da actividade laboral dos pais/titores (certificado da empresa)

           

No caso de que se dispoña de prazas vacantes poderán participar nas actividades rapaces e rapazas non empadroados sen necesidade de acreditar a actividade laboral dos pais no termo municipal.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1