Concilia Rural 2020

12 Xuño 2020


• A QUEN VAI DIRIXIDO  : A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos.

 

• DATAS E HORARIO: mes de xullo, agosto e ata o inicio do curso escolar. En horario de 9:00 a 14:00, de luns a venres.

 

• PRAZAS: 20 rapaces/as por quincena.

 

• LUGAR DE CELEBRACION: instalacións dos CEIP de Oca, Foxo, Codeseda e Villar Paramá.

 

• PRAZO DE INSCRICIÓN: do 15 ó 23 de xuño (ambos incluídos)

 

• COTA DE INSCRICIÓN:  

- O prezo será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e agosto) e 23€ por participante durante os días do mes de setembro.

- O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€, xullo e agosto; e 18,40€ os dias de setembro) sobre o prezo, e a partir do terceiro membro será gratuíto.


 
• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou  a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal).

 

A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte:

▪ Fotocopia do D.N.I do neno/a

▪ Fotocopia do D.N.I do pai, nai ou titor

▪ Fotocopia da libro de familia

▪ Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cora á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia.

▪ Fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.

 

No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.

2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.

3. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.

4. Familias con renda máis baixas (IPREM)

5. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.

6. Orde de entrada das solicitudes.

 

Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1