Espazo Concilia Concello da Estrada

12 Xuño 2020

• A QUEN VAI DIRIXIDO: é un espazo adicado a  rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, que os pais-nais precisen conciliar vida familiar e laboral,  onde a finalidade é que os nenos/as se divirtan e aprendan ao mesmo tempo que ocupan o tempo de ocio, sempre guiados e acompañados por un equipo de profesionais con experiencia no traballo coa infancia.

 

• LUGAR: Espazo Concilia atópase ubicado na Rúa Padrón s/n (Novo Mercado 1º andar)

 

• HORARIO:

▪ Nos períodos lectivos: de luns a venres de 15:30 a 8:30

▪ Nos períodos non lectivos: de 9:00 a 14:00

 

• TEMPORALIZACIÓN: mensual

 

• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; ou  a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal).

 

• PRAZO DE INSCRICIÓN:  do 15 ó 23 de xuño (ambos incluídos)

 

• COTA DE INSCRICIÓN: a contía a abonar pola unidade familiar, marcarase en función do Indicador Público de Renda a Efectos Mútiple (IPREM)

 

• DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

▪ Fotocopia do documento nacional de identidade da nai, pai e, se é o caso, dos representantes legais

▪ Fotocopia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar

▪ Fotocopia do título de familia numerosa, de ser o caso.

▪ Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á s.s. no réxime especial de traballadores por conta propia.

▪ Fotocopia da declaración do IRPF de ambos os proxenitores.

▪ Fotocopia do xustificante ou acreditación de ser demandante de emprego, de ser o caso.

▪ Documentación acreditativa no caso de acollemento

▪ Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar

 

Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1