Programa de Vacacións para Maiores

24 Xuño 2019

O prazo de inscrición para participar no Programa de Vacacións para Maiores organizado polo IMSERSO en convenio de colaboración con este Concello correspondente a tempada 2019/2020 permanecerá aberto do 25 de xuño ata ó 10 de xullo.

 

Poderán participar no Programa as persoas que cumpran os seguinte requisitos:

  • Ser residente e estar empadroado no municipio da Estrada.
  • Ser maior de 65 anos.
  • Pensionistas de xubilación do Sistema Público de pensións.
  • Pensionistas viuvez con idade igual ou superior a 55 anos.
  • Pensionistas de invalidez, outras pensións ou prexubilados e ter en todos estes casos 60 anos cumpridos.

 

Sómente se admitirá como acompañante o/a cónxuxe, aínda que non acade a idade e sempre que reúna tódolos demais requisitos, e a un fillo/a con discapacidade que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%.

 

As persoas participantes nas viaxes organizadas na tempada 2018/2019 figuran directamente acreditadas para participar nas viaxes da tempada 2019/2020, polo que non teñen que presentar nova solicitude, pero si deberán presentar solicitude de confirmación de reserva de praza no rexistro de entrada do concello do do 25 de xuño ata  ó 10 de xullo.

 

Para aquelas  persoas que non figuran acreditadas por non ter participado nas viaxes en anos anteriores, é condición imprescindible presentar solicitude segundo modelo facilitado polo IMSERSO, xunto co modelo municipal de reserva de praza dirixida o concello.

 

As solicitudes deberán presentarse  no Departamento de Servizos Sociales,o por Rexistro de entrada do Concello ou a traves da Sede Electrónica do Concello da Estrada ata o 10 de xullo.

 

 

Para máis información poden dirixirse o Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00) ou chamando o telefono 986 573 265.

 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1