O servizo de emprego municipal gratuito do concello está novamente en activo en horario continuado de 8:00h a 15:00h. para ofrecer información e asesoramento a aqueles persoas en situación de desemprego ou que desexen Realízanse entrevistas individuais para establecer perfís competenciais e así poder valorar cales son aquelas áreas nas que se necesita deseñar un plan de traballo persoalizado e acorde coas características de cada usuario que mellore a súa empregabilidade. Asimesmo, infórmase sobre os recursos da comarca e das zonas de influencia tanto a nivel formativo como empresarial de cara a potenciar un coñecemento exhaustivo do noso mercado laboral. Tamén se ofrece a posibilidade de recibir axuda para elaborar os currículum vitae, as cartas de presentación e fanse simulacións reais de entrevistas de traballo ao mesmo tempo que se ofrecen técnicas concretas para desenvolver e perfeccionar as habilidades sociais e comunicativas coa finalidade de mellorar as destrezas e competencias de cada usuario .
|