O proxecto SmartPeme iniciará a súa andaina a partir de mes de febreiro no Viveiro de empresas do concello da Estrada

O proxecto SmartPeme amplía a súa cobertura á Estrada en febreiro. A partir desta data as persoas emprendedoras, os autónomos, pequenas empresas, así como asociacións poderán acceder ao seus servizos, totalmente gratuítos, dous días ao mes no Viveiro de Empresas.

 

O horario de atención ao público na Estrada será o primeiro e o último mércores do mes en horario de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas e no mes de agosto de 09.00 a 14.30 horas. Ademais, mensualmente organizarase un taller, podéndose ampliar o seu número segundo as necesidades e demandas que vaian xurdindo.

 

smartpemeSmartpeme é un proxecto da Deputación de Pontevedra que consiste nunha rede de puntos nas diferentes comarcas da provincia de Pontevedra, atendidos por asesores cualificados en materia TIC, onde se prestará un servizo de información e asesoramento, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e as Novas Tecnoloxías.

 

Os destinatarios dos servizos do SmartPeme son os autónomos e micropemes (priorizando naquelas que ocupan a cinco ou menos traballadores cun volume de negocios anual inferior a 2 millóns de euros) da provincia de Pontevedra.

 

 

Servizos que oferta:

 

1.- INFORMACIÓN, ANÁLISE E ASESORAMENTO

 

Realizan un diagnóstico inicial do grao de madurez tecnolóxica das empresas e asesoramos sobre as posibilidades que ofrecen as TIC.

 

 

2.- DEMOSTRACIÓN DE PRODUTOS E SOLUCIÓNS

 

A través de xornadas e das sesións individuais presentamos, de forma obxectiva e neutral, os produtos e as solucións TIC que permitan cubrir as necesidades detectadas nos asesoramentos levados a cabo.

 

 

3.- TITORIZACIÓN NAS NOVAS TECNOLOXÍAS

 

Con toda a información recollida proporcionamos un plan de mellora personalizado e acompañamos a cada autónomo e micropeme facendo o seguimento da súa implantación.

 

 

4.- CAPACITACIÓN E TECNOLOXÍA

 

Nos puntos SmartPeme organizamos actividades de capacitación tecnolóxica con grupos reducidos. Estas actividades desenvolveranse a nivel práctico para que os autónomos e micropemes da provincia de Pontevedra adquiran as competencias TIC adecuadas á súa actividade empresarial.

 

 

5.- ACOMPAÑAMENTO NO COMERCIO ELECTRÓNICO

 

Fomentamos o uso do comercio electrónico . tanto axudando a seleccionar os marketplaces máis indicados para cada asesorado, como a creación de plataformas de venta propias, seguindo todo o proceso de implantación para asegurarnos do seu éxito.

 

 

6.- AXUDAS E SUBVENCIÓNS

 

Informamos e axudamos a levar a cabo a tramitación das axudas ou subvencións procedentes das diferentes administracións e entidades. O obxectivo é minimizar o impacto económico que puidese ocasionar algunha das solucións e ferramentas suxeridas nos asesoramentos TIC realizados.

 

O obxetivo de SmartPeme é a capacitación tecnolóxica nos diversos eidos empresarias e con esta finalidade o proxecto conta cunha ampla oferta de obradoiros en distintos bloques temáticos: E-Comerce (baseados na integración sobre marketplaces ou e-commerce propios), xestión empresarial (ferramentas online e offline para facilitar as operacións de xestión), ferramentas específicas que teñan aplicación directa sobre a actividade empresarial, talleres sobre toma e edición de imaxes para o seu uso online, marketing dixital, redes sociais, así como creación de páxinas web, posicionamento SEO, SEM, analytics, google, entre outras cuestións.

 

Ademais dos talleres, os interesados poderán obter un asesoramento individualizado e contarán cunha bolsa de 10 horas, gratuítas, para tratar cada asunto no que necesiten incidir. Desta forma, SmartPeme ofrecerá información e análise no asesoramento sobre o uso das TICs, titorización na incorporación das novas tecnoloxías, servizo de asesoramento para persoas emprendedoras e procura de axudas e subvencións no ámbito tecnolóxico.

 

O programa ofrece, ademais, asesoramento vía telemática para facilitar unha solución a todas aquelas empresas que non atopan tempo para acudir ás oficinas de SmartPeme. Por outra banda, co seu servizo SmartPeme Conecta relaciona as necesidades dos asociados con provedores locais de solucións TICs, fomentando o impulso económico da provincia de Pontevedra. Desta maneira, o obxetivo final desta liña de servizo é converter ao Viveiro no seu referente tecnolóxico para asociacións empresarias e os seus asociados nas comarcas.

 

Debido a gran influencia do sector agrario gandeiro en Tabeirós-Terra de Montes SmartPeme levará a cabo un programa piloto para incorporar as novas tecnoloxías á súa actividade, xa que para reducir a brecha dixital no sector da agricultura, gandaría e silvicultura, SmartPeme conta cunha carteira de servizos específica levando a cabo tamén obradoiros formativos específicos.

 

Os interesados poderán obter maior información no teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou na páxina web http://www.smartpeme.depo.gal/web/smartpeme/servicios

 

Tamén no departamento de Emprego do Concello da Estrada ( Consistorio- 1º andar), no teléfono 986 677 740 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

 

 

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1