Servizo de Orientación Laboral

O servizo de orientación laboral gratuito do concello está novamente en activo en horario continuado de 8:00h a 15:00h. para ofrecer información e asesoramento a aqueles persoas en situación de desemprego ou que desexen orientac laboralmellorar o seu traballo actual .

A orientadora laboral realiza entrevistas individuais para establecer perfís competenciais e así poder valorar cales son aquelas áreas nas que se necesita deseñar un plan de traballo persoalizado e acorde coas características de cada usuario que mellore a súa empregabilidade.

Asimesmo, infórmase sobre os recursos da comarca e das zonas de influencia tanto a nivel formativo como empresarial de cara a potenciar un coñecemento exhaustivo do noso mercado laboral.

Tamén se ofrece a posibilidade de recibir axuda para elaborar os currículum vitae, as cartas de presentación e fanse simulacións reais de entrevistas de traballo ao mesmo tempo que se ofrecen técnicas concretas para desenvolver e perfeccionar as habilidades sociais e comunicativas coa finalidade de mellorar as destrezas e competencias de cada usuario .

 

 

logouepeq

 

cons traballopeq

 

  Concello da Estrada
Praza do Concello s/n
36680 A Estrada - Pontevedra
Telf: 986570165
info@aestrada.gal
- Política de privacidad
- Aviso legal
Conforme con:
HTML5 | CSS 3.0
face1
twitter1
inst1
youtub1